Ramón Sarmiento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramón Sarmiento
Nacemento1973
 Baiona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista
editar datos en Wikidata ]

Ramón Sarmiento Solla, nado en Baiona en 1973[1], é un sindicalista galego, secretario xeral de Comisións Obreiras en Galicia entre maio de 2017 e maio de 2021.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos 20 anos comezou a traballar nos estaleiros vigueses Barreras e dous anos máis tarde xa formaba parte do comité de empresa. Afiliado a Comisións Obreiras desde o ano 1997[2], no ano 2004 incorporouse ao organigrama sindical, exercendo de responsable do sector naval. Catro anos despois foi elixido secretario comarcal do metal e en 2009, secretario comarcal de industria, cargo revalidado tres anos despois. Así mesmo, nos últimos catro anos foi o responsable estatal do sector naval[3].

Desde o congreso comarcal do 2012, compatibilizou as súas responsabilidades sectoriais coa pertenza á Comisión Executiva de CCOO de Vigo, amais de ser un dos representantes da Federación de Industria no Consello Nacional de CCOO de Galicia. A finais do 2016, despois de que Xosé Manuel Sánchez Aguión lle comunicase ao Consello Nacional que non se presentaría a un terceiro mandato, Ramón Sarmiento anunciou a súa intención de converterse en candidato á Secretaría Xeral no XI Congreso (maio de 2017), o que conseguiría co apoio do 82,55% dos votos[4].

O 20 de maio de 2021, na apertura do XII Congreso Nacional do sindicato, anunciou que non presentaría a súa candidatura para repetir como secretario xeral[5].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Xosé Manuel Sánchez Aguión
2009-2017
 Secretario xeral de CCOO de Galicia 
Ramón Sarmiento
2017-2021
Sucesor:
Amelia Pérez Álvarez
2021