Mehmed V

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mehmed V
Sultan Mehmed V.jpg
Sultán otomán e Califa do Islám
Período27 de abril de 1909 a 3 de xullo de 1918
AntecesorAbdul Hamid II
SucesorMehmed VI
Datos persoais
Nacemento2 de novembro de 1844
 Constantinopla
Falecemento3 de xullo de 1918
 Constantinopla
PaiAbd-ul-Medjid I
NaiGülcemal Sultan
CónxuxeKam-res
Durr-i And
Mihr-engiz
Naz-perver
Dil-firib
FillosÖmer Hilmi e Mehmed Ziyaeddin
RelixiónSunnismo e Islam
Tughra of Mehmed V.JPG
editar datos en Wikidata ]

Mehmed V Reshad (en turco otomán: محمد خامس Meḥmed-i ẖâmis, turco: Mehmed V Reşad ou Reşat Mehmet), nado o 2 de novembro de 1844 en Constantinopla e finado o 3 de xullo de 1918 na mesma cidade, foi o trixésimo quinto sultán do Imperio Otomán. Foi fillo do sultán Abdul Hamid II e foi sucedido polo seu medio irmán Mehmed VI.

Reinado[editar | editar a fonte]

Guillerme II, Mehmed V e Francisco Xosé I: Os tres emperadores das Potencias Centrais durante a Primeira Guerra Mundial.

O seu reinado comezou o 27 de abril de 1909, aínda que careceu de poder político real durante o seu mandato, sendo os asuntos de Estado do Imperio Otomán controlados por importantes figuras como Three Pashas desde a Revolución Turca de 1908. O único poder político que realmente posuía Mehmed era o de declarar a xihad contra os poderes da Tripla Entente durante a Primeira Guerra Mundial en 1914.

Esta foi a derradeira vez que un Califa proclamou a xihad, posto que o califato finalizou en 1924. A proclamación non tivo un efecto notable na guerra, a pesar de que moitos musulmáns vivían nos territorios do Imperio Otomán. A maior parte dos árabes uníronse ás forzas británicas contra os Otománs na Revolución Árabe de 1916.

Mehmed foi nomeado Mariscal de Campo do Reino de Prusia o 27 de xaneiro de 1916 e do Imperio Alemán o 1 de febreiro de 1916 polo káiser Guillerme II.

Morte[editar | editar a fonte]

Mehmed viviu no palacio Yildiz de Constantinopla onde finou o 3 de xullo de 1918 ós 73 anos, a tan só catro meses da fin da Gran Guerra. A súa tumba estas no distrito Eyup da moderna Istambul.

Predecesor:
Abdul Hamid II
Osmanli-nisani.svg
Sultán otomán

19091918
Sucesor:
Mehmed VI