Saltar ao contido

Megalampris keyesi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Megalampris keyesi
Megalampris keyesi Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseActinopteri
OrdeLampriformes
FamiliaLampridae
XéneroMegalampris
EspecieMegalampris keyesi Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/04gqcp0 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Megalampris keyesi é unha especie fósil de peixe osteíctio da clase dos actinopterixios, subclase dos neopterixios, infraclase dos teleósteos, orde dos lampriformes, e familia dos lámpridos, única do xénero Megalampris, que viviu a finais do Oligoceno en Nova Zelandia, hai uns 26 millóns de anos.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Megalampris keyesi foi descrito en 2006 por Michael D. Gottfried, R. Ewan Fordyce e Seabourne Rust, investigadores da Universidade de Otago, sobre a base de restos fósiles de ósos, especialmente da aleta caudal, encontrados en formacións de rochas calcarias da zona norte de Otago, en Nova Zelandia.[1]

Estes restos están expostos no Museo Otago, en Dunedin, Nova Zelandia.

Características

[editar | editar a fonte]

A comparación cos esqueletos das especies vivas dos xénero Lampris, suxiren que medía ao redor de 4 m de lonxitude, que é o dobre da lonxitude das especies vivas dos lámpridos máis grandes, como Lampris guttatus, especie estreitamente relacionada.[1]

  1. 1 2 Gottfried, Michael D.; Fordyce, R. Ewan; Rust, Seabourne (2006). "Megalampris keyesi, a Giant Moonfish (Teleostei, Lampridiformes) from the Late Oligocene of New Zealand". Journal of Vertebrate Paleontology 6 (3): 544–551. (Resume). Consultado o 19 de outubro de 2020).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gottfried, Michael D.; Fordyce, R. Ewan & Rust, Seabourne (2006): "Megalampris keyesi, a Giant Moonfish (Teleostei, Lampridiformes) from the Late Oligocene of New Zealand". Journal of Vertebrate Paleontology 6 (3): 544–551.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]