Saltar ao contido

Mbombela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMbombela
Imaxe

Localización
Mapa
 25°27′57″S 30°59′07″L / -25.4658, 30.9853
EstadoSuráfrica
Província da África (pt) TraducirMpumalanga
Distritos municipais da África (pt) TraducirEhlanzeni District Municipality (en) Traducir
Municípios locais da África (pt) TraducirMbombela Local Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación58.670 (2011) Editar o valor en Wikidata (807,79 hab./km²)
Xeografía
Superficie72,63 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude619 m Editar o valor en Wikidata
Creación1905 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal1201 e 1200 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico013 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webmbombela.gov.za Editar o valor en Wikidata
Vista panorámica dende os outeiros de Nelspruit.

Mbombela[1] (oficialmente Nelspruit ata 2009) é unha cidade de 221.474 habitantes (2000) situada no nordeste de Suráfrica. É a capital da Provincia de Mpumalanga (antigamente Transvaal oriental). Situada sobre o Río Crocodilo (chamada Krokodil en afrikaans), Nelspruit atópase a uns 100 quilómetros (60 millas) ao oeste do límite Mozambique e a 330 quilómetros (205 millas) ao leste de Johannesburgo. A cidade máis próxima é KaNyamazane, uns poucos quilómetros ao leste de Nelspruit.

Nelspruit foi fundada en 1905 por tres irmáns da familia Nel que pastaban ao seu gañado ao redor do sitio de Nelspruit durante os meses de inverno. É o centro manufactureiro e agrícola do nordés de Suráfrica . As industrias principais inclúen o enlatado de cítricos, produción de papel, fabricación de mobiliario e madeireira. Os seus fértiles chans e clima subtropical proporcionan condicións perfectas para o crecemento de froitas cítricas e tropicais, principalmente manga, plátano, palta ou aguacate e tamén moitas variedades de noces. Hai moitas granxas de laranxa na área ao redor de Nelspruit.

A cidade ten un aeroporto, o Aeroporto Internacional Kruger Mpumalanga, que é usado principalmente para voos de e a Johannesburgo, pero que tamén ten voos frecuentes a Cidade do Cabo e outras cidades. É tamén de sede do Instituto de Investigación do Goberno para Froitas Cítricas e Subtropicais, e os Xardíns Botánicos Lowveld. Nelspruit é unha escala importante para os turistas que se dirixen ao Parque Nacional Kruger e a Mozambique. O turismo de Mozambique tamén estimula considerablemente a economía da cidade . Durante a Guerra dos Bóers, Nelspruit serviu brevemente como sede de goberno da República de Suráfrica, un estado Afrikaner independente. Nelspruit planeou un novo estadio de fútbol para a Copa Mundial de Fútbol de 2010. O seu nome é o Estadio Mbombela e terá unha capacidade de 40.000. En Nelspruit atópase o casino Emnotweni situado no camiño a Whiteriver.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]