Saltar ao contido

Mauro Lomba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMauro Lomba

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1962 Editar o valor en Wikidata (61/62 anos)
A Guarda, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor en Wikidata

Mauro Lomba Martínez, nado en 1962 na Guarda, é un arquitecto galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É arquitecto titulado pola ETSAC en 1996, especialidade Edificación. Exerce desde 1996 e é Profesor de Proxectos VI en CESUGA.[1]

Traballou na rehabilitación de obra pública como as Naves para Laboratorios de Mellora Xenética Vexetal, CSIC, rehabilitación Integral do Pazo de Gandarón na Misión Biolóxica de Galicia, obras no Edificio Cruz Gallástegui, obra do arquitecto Alejandro de la Sota, na contorna do Monumento á Memoria, Obra do Premio Nobel Adolfo Pérez Esquivel[2] e na igrexa do Mosteiro de Armenteira.[3] Tamén é arquitecto en novas vivendas[4] e rehabilitou vivendas tradicionais e urbanas de propiedade privada[5].

Destaca a rehabilitación de Villa Pilar en Pontevedra onde creou na segunda planta desde o 31 de outubro de 2015 o estudo de arquitectura Nemonon,[6] un espazo creativo multidisciplinar ao redor da arquitectura.[7] Pechou en decembro de 2022.[8] A Pousada de Ribadumia foi candidata aos premios nacionais de arquitectura.[9]

Participou en varias exposicións como Exposición Arquitectura Emergente en Pontevedra en 2007.

Ten publicado textos no Faro de Vigo, La Voz de Galicia e Diario de Pontevedra. Colaborou e varios programas de Que casas da TVG.[10]

Participou en Xiamen xunto a profesionais como Sou Fujimoto (China), Philippe Narbone (Tailandia), Gilles Perraudin (Francia) e Magda Konstantinidou (Grecia) poñendo en valor a pedra galega.[11]

Segundo Iago Valverde na súa obra "a compoñente visual é unha parte importante da arquitectura mais non é a única. Os edificios pódennos emocionar desde o tacto, o ouvido, o olfacto ou mesmo o gusto. Mauro Lomba desenvolve unha obra que, ademais de funcional, busca a compoñente sensorial da arquitectura".[12]

Premios e distincións

[editar | editar a fonte]
  • Premio Gran De Area 2005 de Aportación á Arquitectura. Xornadas de Arquitectura desde Pontevedra, Consello da Cultura Galega, CAIXANOVA 2007.
  • Casa Los Barcos Pasan - Premio Gran De Area´05” de Aportación á Arquitectura.
  • Casa El Haz y el Envés - Premio Gran De Area´09 e “Finalista no Premio Juana de Vega 2009.
  • Casa Redes - Premio Gran De Area´14.
  • Casa Bosque - Finalista Premio Juana de Vega 2014.
  • Casa La Noria - Premio Gran De Area´15 de Aportación a la Arquitectura.
  • Casa Crisálida – Finalista Premio Arquitectura Sustentable de Galicia 2016 e Premio Gran De Area´16 de Aportación a la Arquitectura.
  • Espazo multidisciplinar creativo NEMONON, Premio Gran De Area 2017. [13]
  1. "Mauro Lomba - Grados Oficiales Universitarios - CESUGA". cesuga.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2022. Consultado o 2022-11-27. 
  2. "Contacto Maurolomba.com". www.maurolomba.com. Consultado o 2022-11-27. 
  3. Piedras, Vicente Fernández (2013-08-06). "fotografía técnica monasterio armenteira IMAXINEMOS" (en castelán). Consultado o 2022-11-27. 
  4. "Vivenda". www.maurolomba.com. Consultado o 2022-11-27. 
  5. "La plaza de A Ferrería completa su recuperación tras destaparse la fachada de su último inmueble". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-08-20. Consultado o 2022-11-27. 
  6. "Nemonon - Eventos y conferencias en Pontevedra - Mauro Lomba - Arquitectura - Exposiciones - Arte - Talleres - Cursos - Diseño - Masterclass - Meeting point". www.nemonon.com. Consultado o 2022-11-27. 
  7. "Villa Pilar acoge un espacio arquitectónico multidisciplinar". Faro de Vigo (en castelán). 2015-11-01. Consultado o 2022-11-27. 
  8. Pontevedra, Diario de (2022-12-16). "Ata pronto, Mauro Lomba!". Diario de Pontevedra. Consultado o 2022-12-16. 
  9. Piedra, Focus (2013-08-09). "La Pousada de Ribadumia en piedra de Mauro Lomba, opta al Premio Nacional de Arquitectura". Focus Piedra - Noticias sobre piedra natural (en castelán). Consultado o 2022-11-27. 
  10. "Poio, Ordes, Cangas do Morrazo e o concello asturiano de Cangas del Narcea CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2022-11-28. 
  11. SL, POMBAPRESS. "El arquitecto pontevedrés Mauro Lomba, pone en valor la piedra gallega en la arquitectura, en China". Galiciapress (en castelán). Consultado o 2022-11-27. 
  12. Diario, Nós (2022-10-21). "Mauro Lomba: Arquitectura sensorial". Nós Diario. Consultado o 2022-11-27. 
  13. Pontevedra, Susana Regueira (2017-10-09). "El espacio multidisciplinar Nemonon, premio Gran de Area de Aportación á Arquitectura". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-11-27.