Mosteiro de Santa María da Armenteira
Coordenadas: 42°27′48″N 08°44′31″O / 42.46333, -8.74194
O mosteiro de Santa María da Armenteira é un mosteiro románico de transición, ou protogótico, que pertenceu desde a segunda metade do século XII á Orde do Císter. Deste xeito o seu estilo arquitectónico responde aos preceptos do Plano Bernardino baseado na austeridade formal e o rigor funcional.
Sitúase na parroquia de Santa María da Armenteira, no concello pontevedrés de Meis.
Historia[editar | editar a fonte]
![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
A lenda conta que foi fundado por Santo Ero. Risco recóllea así [1]:
San Ero de Armenteira saíu un día do mosteiro, meditando en cómo serían os goces do ceo; meteuse nunha carballeira e estivo un intre ouvindo cantar un paxariño, que era cousa que non ouvira nunca tan preciosa; estivo unha miguiña embebido naquil cando cheo de delicias e deu volta. Mais cando chegóu, no mosteiro todo era novo pra il, ninguén o coñecía nin sabía dil, a pesares de que aseguraba ter saído aquela mesma mañá, nin il coñecía a ninguén, porque, anque pensaba que non estivera mais do que un instante escoitando ó paxariño, resulta que pasaran trescentos anos.
Castelao utilizou este motivo para o ex libris que debuxou para Filgueira [2].
Descrición[editar | editar a fonte]

A este estilo corresponden as bóvedas de canón apuntado, as bóvedas de crucería, as distintas alturas das naves. Con eles tamén se mestura un compoñente rexional, a rica tradición e personalidade do románico local convive co racional e austero estilo da orde. O engadido máis importante desta tradición local é un ciborio cuberto con cúpula nervada de arcos cruzados mudéxares sobre trompas, relacionada coa arquitectura hispano-musulmá.
O rosetón e a portada son de trazaría xeométrica.
Recoñécense na súa estrutura distintas campañas construtivas:
- Na que se realizan a cabeceira e os muros.
- Etapa de transición: construción das naves.
- Realización da cúpula e a fachada.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes do mosteiro de Santa María da Armenteira.
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Risco 1962:356.
- ↑ Museo de Pontevedra
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mosteiro de Santa María da Armenteira ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dionisio Duarte (1624). La relación escrita del convento de Armenteira.
- Risco,Vicente: “Cultura espritual”, en Historia de Galiza I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777).