Matthew Murphy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMatthew Murphy

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de xullo de 1984 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Liverpool, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónLiverpool College (en) Traducir
Liverpool Institute for Performing Arts (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2003 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoIndie rock Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra Editar o valor em Wikidata
Selo discográfico14th Floor Records Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 143357f2-5d84-4aa8-8a68-aac95c31697e Discogs: 793944 Editar o valor em Wikidata

Matthew "Murph" Edward Murphy[1], nado o 23 de xullo de 1984, é un músico inglés, máis coñecido por cantar e tocar a guitarra e o teclado para The Wombats.

The Wombats[editar | editar a fonte]

Matthew forma parte do trío de Liverpool The Wombats, xunto con Dan Haggis (batería) e Tord Øverland Knudsen (baixo).
A historia da banda comezou cando The Liverpool Institute for Performing Arts deulles a oportunidade de tocar en varios concertos.
Logo terminaron por gañar suceso na radio británica con cancións coma: "Moving to New York", "Backfire at the Disco]]" que lles permitiron estrear "Kill The Director" coma un single. Despois publicaron "Let's Dance to Joy Division" con grande éxito, seguido dunha xira europea e finalmente dunha festa de Nadal na discoteca Liverpool Academy.

O novo sinxelo da banda, "Our Perfect Disease", foi publicado o 14 de agosto de 2011.

O segundo álbum da banda, titulado "This Modern Glitch" foi lanzado o 25 de abril de 2011 en diferentes formatos: CD, descarga dixital e mesmo en vinilos de 7" e 12".

Publicidade/Aparicións na TV[editar | editar a fonte]

Matthew Murphy apareceu nun episodio do popular concurso musical australiano Spicks and Specks dirixido por Adam Hills. Murphy foi un concursante neste episodio. Durante o programa, Knudsen e Haggis interpretaron a canción da serie O carteiro Pat en noruegués.

Infancia[editar | editar a fonte]

Creceu no barrio Woolton Hill situado nas aforas da cidade de Liverpool. Matthew asistiu a escola pública de Liverpool College e ao Liverpool Institute of Performing Arts onde coñeceu aos seus compañeiros Tord Overland Knudsen e Daniel Haggis cos que formaría a súa banda.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "American Society of Composers, Authors and Publishers: Matthew Edward Murphy". ASCAP. 20 de maio de 2009. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2009. Consultado o 20 de maio de 2009.