Saltar ao contido

O carteiro Pat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O carteiro Pat
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
 Título
Postman Pat (en) Editar o valor en Wikidata
 Xénero artístico
 Lingua orixinal
Obra
 Narrador/a
Implicados
 Creador/a
 Director/a
 Compositor/a
Organizacións
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
16 de setembro de 1981 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
29 de marzo de 2017 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración15 min Editar o valor en Wikidata
Número de episodios196 Editar o valor en Wikidata
Número de tempadas8 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/011jzp Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt0149509 Allocine: 18333 TV.com: shows/postman-pat
Youtube: UCqrVPwN_DhavUC386xH9SDw Musicbrainz: 39c69371-de63-4801-aa55-6e2ee5faf40c Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O carteiro Pat é unha serie de animación de bonecos británica creada por John Cunliffe e producida por Woodland Animations e HIT Entertainment para a BBC, diríxese a nenos en idade preescolar e conta as aventuras de Pat Clifton, un carteiro de Greendale, unha vila de ficción inspirada nunha real de Cumbria[1]. En 1986 editáronse un vídeo en tres volumes da serie, en anos sucesivos editáronse outros 18 e varios DVD así como libros didácticos e para colorear. A Televisión de Galicia emitiu a serie en 1985.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A primeira tempada consistiu en 13 capítulos que se emitiron en 1981 dirixidos por Ivor Wood, Kate Fawkes e Theresa Plummer-Andrews e patrocinados polo correo británico, entre 1991 e 1994 realizáronse catro especiais e en 1996 emitiuse unha segunda tempada de 14 capítulos na que lle engadiron unha familia ao carteiro Pat . A partir de 2004 retomouse de novo a serie producida por Cosgrove Hall Films e sen o apoio do correo británico[2], realizando catro tempadas ata 2008, a última co título Postman Pat: Special Delivery Service realizada pola produtora norteamericana Classic Media que recibiu numerosas críticas por se arredar do espírito orixinal[3].

Argumento

[editar | editar a fonte]

En cada episodio desenvólvense as aventuras e desventuras de Pat Clifton, un carteiro rural sorrideiro e amigable que co seu gato Jess distribúe co seu furgón o correo no val de Greendale, aínda que sempre prentende repartir o correo con toda a súa atención, sempre algún veciño lle pide consello distraéndoo do seu cometido laboral. Outros caracteres son a xefa de correos, a señora Goggins, o granxeiro Alf Thompson e o inventor local, Ted Glen.

Repercusións

[editar | editar a fonte]

En 2009 realizouse unha serie co gato Jess como protagonista Guess with Jess, coproducida entre o Reino Unido e o Canadá. O vehículo que utiliza Pat serviu de inspiración para contruír o automóbil máis pequeno do mundo apto para circular legalmente[4]. En outubro de 2009 Classic Media anunciou que chegara a un acordo con Timeless Films para producir unha longametraxe en 3D baseado no carácter do carteiro Pat que se estrearía no outono de 2011[5]. Finalmente a película Postman Pat: The Movie foi presentada en maio de 2014 no Reino Unido.[6]

  1. BBC Cumbria
  2. BBC News
  3. "Vieiros". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2010. Consultado o 01 de setembro de 2010.
  4. Man transforms Postman Pat ride into world's smallest car The Daily Telegraph do 12 de maio de 2009
  5. "Nota de prensa de Classic Media" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2010. Consultado o 03 de outubro de 2010.
  6. Mangan, Stephen (13 setembro de 2014). Twitter, ed. "UK release in May". Consultado o 14 de setembro de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]