Matar por Matar NON
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Matar por Matar NON | |
---|---|
Tipo | asociación |
País | España |
Na rede | |
http://www.matarpormatarnon.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Matar por Matar NON é un colectivo xurdido no ano 2007 como reacción en contra da celebración do IV campionato nacional de caza de raposos celebrado na localidade do Carballiño o 18 de febreiro de 2007.[1]
Nesa ocasión conseguiron xuntar máis de 200 voluntarios, procedentes de todo o Estado, apoiados por outros colectivos ecoloxistas, sociais e científicos, como ADEGA, ACTYMA, Amigos da Terra, ASCEL, CES, Ecologistas Extremadura, Equanimal, Fundación ALTARRIBA, Libera, Outeiro, PACMA, Asociación Cultural e Ecolóxica Ridimoas, SEO, Verdegaia etc.
As súas actividades consisten principalmente en ocupar os camiños dos montes polos que transcorre o campionato e facer ruído para alertar os raposos do perigo que lles axexa, co que queren reducir o número de baixas na poboación.
Así mesmo pretenden unha regulación da caza axeitada e compatíbel coa conservación da natureza e coa utilización pacífica do monte, sen que constitúa o que cualifican de "depredación de especies"[2].
Con posterioridade, e con motivo da celebración de novas ligas e campionatos provinciais e galegos da caza de raposos, o colectivo, xunto con outras asociacións ecoloxistas, ten actuado noutras localidades galegas para evitar as batidas de raposos.