Saltar ao contido

Master Miller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

McDonell Benedict Miller, máis coñecido como Master Miller, é un personaxe ficticio da saga de videoxogos Metal Gear. Foi o adestrador da unidade FOXHOUND na etapa na que o coronel Roy Campbell era o xefe da mesma.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu nos Estados Unidos, neto de xaponeses emigrados. Durante un tempo foi instrutor das SAS, os Marines, os Boinas Verdes, e dos mercenarios nos EUA. Ademais, traballou durante unha tempada no FBI.

Coñeceu a Solid Snake cando o adestraba en FOXHOUND. Durante os acontecementos de Metal Gear 2: Solid Snake, Master Miller deulle apoio por radio a Snake na misión de Zanzibar Land en 1999. Divorciuose da súa muller, Nadine, cando vivía nos Ánxeles coa súa filla Catherine.

Ao finalizar os acontecementos de Zanzibar, retirouse do servizo activo e foise vivir a Alasca, de forma esporádica adestraba os xoves Scouts de Alasca, tamén coñecidos como Gardas Territoriais de Alasca ou ATG. Posúe un amplo coñecemento da contorna, a flora e a fauna, e domina de forma excepcional as técnicas de supervivencia para soportar situacións extremas.

No 2005, Master volveu a aparecer na misión de Shadow Moses en Metal Gear Solid, axudando a Snake por Códec desde o seu domicilio en Alasca. Porén, cara ao final do xogo, descóbrese que el, Master Miller, con quen estivera falando Snake, era en realidade un impostor. O verdadeiro Master Miller foi atopado morto un par de días despois na súa casa en Alasca. O Master Miller que estivera falando con Snake non era outro que Liquid Snake.