Liquid Snake

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Personaxe de Metal Gear
Liquid Snake
Nome en Clave Liquid Snake (Metal Gear Solid)

Liquid Ocelot (Metal Gear Solid 2: Sons of Liberty)

Liquid Ocelot (Metal Gear Solid 4: Guns of the Patriots)

Nome Real Descoñecido
Nacionalidade estadounidense

(de nacemento)

Inglés (de adopción)

Afiliacións SAS (durante a Guerra do Golfo), FOXHOUND (1995- 2000)
Sexo Masculino
Altura 183 cm
Actor de dobraxe (Versión en Inglés) Cam Clake
Actor de dobraxe (Versión en Castelá) Riki Coello
Actor de dobraxe (Versión en Xaponés) Banjo Ginga
Captura de Movementos Mizuho Yoshida

Liquid Snake(リキッド・スネーク Rikiddo Sunēku) comunmente chamado Liquid, é un personaxe dos videoxogos Metal Gear.

Historia[editar | editar a fonte]

É o xemelgo e arquiinimigo de Solid Snake, así coma comandante de FOXHOUND e dos Soldados Xenoma. Ten un CI de 180 mide 183 cm de alto, fala sete idiomas fluidamente (Inglés, Castelán, Francés, Malaio, Árabe, e outras linguas nativas árabes) Durante a Guerra do Golfo loitou coas SAS, a súa misión consistía en destruír lanzadeiras Scud. Caeu no campo de batalla e foi secuestrado polo Exército Iraquí en 1994 foi rescatado e levado os EUA. Xunto con Solid Snake, e Solidus Snake, é un dos tres irmáns xeneticamente feitos das mostras das células de Big Boss, a partir do proxecto chamado Les enfant Terribles. Cre ser inferior a Solid Snake, debido a que pensa que el ten os xenes recesivos. Porén, demóstrase que quen obtén os xenes recesivos é Solid Snake, e quen posúe os xenes dominantes e Liquid Snake. Como resultado disto, Solid Snake foi quen eliminou a Big Boss. Liquid gardaralle unha gran rancor a Solid, e desexa derrotalo en combate para así poder reclamar o seu "dereito a nacer".

A voz de Liquid Snake foi realizada por Cam Clake na versión Americana, por Banjo Ginga na versión xaponesa e por Riki Coello na versión castelá.

Metal Gear Solid[editar | editar a fonte]

En Metal Gear Solid Liquid aparece como antagonista principal de Solid Snake e comandante da unidade FOXHOUND. Liderando a revolta na base de Shadow Moses, nas Illas Fox que constitúen un arquipélago no grupo das Illas Aleutianas en Alasca. Onde estaba sendo desenvolvido Metal Gear REX. Toman como reféns o presidente de ArmsTech Kenneth Baker e o Xefe DARPA Donald Anderson. Esixindo aos EUA que lle devolvesen os restos de Big Boss para corrixir as mutacións dos Soldados Xenoma. Baseándose na capacidade nuclear das instalacións da illa, no apoio unidade FOXHOUND, os Soldados Xenoma e Metal Gear REX Liquid, pretendeu revivir o soño de Big Boss denominando o lugar co nome Outer Heaven para levar o mundo a unha terceira guerra mundial. Na trama faise pasar por Master Miller e engana a Solid Snake para que active a nova versión de Metal Gear, Rex. Liquid explica a Snake a relación entre eles, descubrindo que son fillos de Big Boss, creados para seren o soldado perfecto. Liquid morre polos efectos do virus FOXDIE, levado a través de Snake, a modo de véctor, para eliminar a toda a unidade sublevada.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.