Asemblea Nacional de Nicaragua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Asemblea Nacional de Nicaragua é o órgano que exerce o poder lexislativo en Nicaragua. Está integrada por 92 deputados que son electos para un período de cinco anos mediante o voto. Do total de deputados, 70 son electos de acordo ás circunscricións departamentais e rexionais, mentres que o resto teñen carácter nacional.

A Constitución de Nicaragua dispón que o Presidente e Vicepresidente da República ocuparán os cargos de deputados propietario e suplente, respectivamente, unha vez culminaran o seu período constitucional, tamén farán o mesmo os candidatos a Presidente e Vicepresidente que obtivesen o segundo lugar.

Todos os deputados posúen a inmunidade parlamentaria no exercicio das súas funcións como tales. Anteriormente á Revolución Sandinista, o poder lexislativo era chamado Congreso e a súa sede encontrábase no Palacio Nacional de Nicaragua, actual Palacio da Cultura.

Representación na Asemblea Nacional de Nicaragua[editar | editar a fonte]

Nacional e Departamental Número de deputados

Nacional

20

Nueva Segovia

2

Madriz

2

Estelí

3

León

6

Chinandega

6

Managua

19

Masaya

4

Granada

3

Carazo

3

Rivas

2

Chontales

3

Boaco

2

Matagalpa

6

Jinotega

3

RAAN

3

RAAS

2

Río San Juan

1

Composición Histórica[editar | editar a fonte]

Período 1985-1990[editar | editar a fonte]

  • Frente Sandinista de Liberación Nacional (FSLN): 61
  • PCD: 14
  • Partido Liberal Independiente(PLI): 9
  • PPSC: 6
  • MAP-ML: 2
  • PC de N: 2
  • PSN: 2

Período 1990-1996[editar | editar a fonte]

  • Unión Nacional Opositora (UNO): 51
  • Frente Sandinista de Liberación Nacional (FSLN): 39
  • Partido Social Cristiano: 1
  • Movimiento de Unidad Revolucionaria (MUR): 1

Período 1997-2001[editar | editar a fonte]

  • Alianza Liberal Nicaragüense: 42
  • Frente Sandinista de Liberación Nacional (FSLN): 36
  • Caminos Cristianos Nicaragüenses (CCN):4
  • Partido Conservador de Nicaragua: 3
  • Proyecto Nacional (PRONAL): 2
  • Partido Resistencia Nicaragüense (PRN): 1
  • Movimiento Renovador Sandinista (MRS): 1
  • Alianza Unidad: 1
  • Partido Liberal Independiente (PLI): 1
  • Acción Nacional Conservadora (ACN): 1
  • Alianza UNO 96: 1

Período 2002-2006[editar | editar a fonte]

  • Partido Liberal Constitucionalista (PLC): 53
  • Frente Sandinista de Liberación Nacional (FSLN): 38
  • Partido Conservador de Nicaragua (PC): 1

Período 2006-2011[editar | editar a fonte]

  • Frente Sandinista de Liberación Nacional (FSLN): 38
  • Partido Liberal Constitucionalista (PLC): 25
  • Alianza Liberal Nicaragüense (ALN): 23
  • Movimiento Renovador Sandinista (MRS): 5
  • Independiente (Ex Presidente Enrique Bolaños Geyer): 1

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]