María Patiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Patiño

(2009) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Patiño Castro Editar o valor em Wikidata
15 de agosto de 1971 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosCastaño Editar o valor em Wikidata
Cor do peloLight brown hair (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , actriz de cinema , escritora , presentadora de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1999 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorEuropa Press (pt) Traducir
Atresmedia
Diez minutos (pt) Traducir
Agencia Pública Empresarial de la Radio Televisión de Andalucía (RTVA)
Mediaset España Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1489895 Twitter: maria_patino Instagram: mariapatino1508 Editar o valor em Wikidata

María Patiño Castro,[1] nada en Ferrol en 1971, é unha xornalista galega. Trátase dunha das máis coñecidas representantes da chamada prensa do corazón, e faciana habitual en numerosos espazos de televisión do que nalgúns casos é cualificado coma tele-lixo.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en xornalismo, comezou a súa actividade na delegación de Sevilla da axencia de noticias Europa Press. Posteriormente traballou en Canal Sur Radio, Onda Giralda e a axencia oficial de Diez Minutos en Andalucía.

Os seus primeiros contactos coa televisión, medio a través do que alcanzou sona en España, comezaron no programa magazine Sabor a verano (1999), de Antena 3, presentado por Inés Ballester.

Tralo seu paso polo late-night Abierto al anochecer (2002) de Jordi González, recala no que foi un dos programas televisivos máis seguidos, Sabor a ti (2003-2004), xunto a Ana Rosa Quintana.

Con todo, a súa sona débea ao talk show de actualidade social ¿Dónde estás corazón?, conducido por Jaime Cantizano en Antena 3 entre 2003 e 2011.

Na tempada 2007-2008 presentou o magazine A 3 bandas, en Antena 3, que foi retirado por baixa audiencia. A partir do 13 de xullo de 2009 presentou xunto a Jesús Mariñas e Julian Iantzi o programa Vaya par, dirixido por Gema López, tamén retirado por baixa audiencia o 11 de setembro dese ano.

O 15 de outubro de 2011, xa retirado da grella o programa DEC, Patiño foi entrevistada en La Noria, de Telecinco, xunto a Bárbara Rey, con quen tivera unha gran liorta en 2007. Desde o 5 de novembro de 2011 comeza a traballar como colaboradora habitual de La Noria. O 17 de xaneiro de 2012 incorporouse como colaboradora habitual en El programa de Ana Rosa, ademais de colaborar en Sálvame Deluxe os venres pola noite.

O seu estilo polémico e apaixonado de exercer o xornalismo garante unha audiencia fiel dos programas en que participa.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]