Bárbara Rey
Bárbara Rey | |
---|---|
Nome completo | María Margarita García García |
Alcume/outros | Tu y yo, Chelo, y te quiero, hemos tenido... una noche de amor. |
Nacemento | 2 de febreiro de 1950 |
Lugar | Totana |
Nacionalidade | España |
Cónxuxe(s) | Chelo García-Cortés |
Profesión | actriz, vedete, presentadora de televisión, modelo e actriz de cinema |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Bárbara Rey, nome artístico de María Margarita García García, nada en Totana (Murcia) en 1949, é unha vedete, actriz e presentadora de televisión española.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a súa carreira en 1970 cando se presentou ao concurso de Miss España, no que non gañou pero acabou representando ao país en Miss Mundo porque tanto a gañadora como a primeira dama de honra estaban casadas e o regulamento non permitía que se presentaran ao certame internacional. A partir dese momento participou en máis de trinta películas nunha década, a maior parte pertencentes ao xénero do “destape”.
Traballou tamén en televisión presentando galas e o programa de variedades Palmarés. Tranallou como vedete de revista nos espectáculosBarcelona és Bárbara e Una Noche de Bárbara, entre outros. Entre 1978 i 1995 foi amante do rei Xoán Carlos. En 1996 o Centro Nacional de Intelixencia depositou máis de 25 millóns de pesetas en Luxemburgo para comprar o seu silencio. En 1980 casou con Ángel Cristo, un domador de leóns que traballaba no circo, e ela acompañouno como domadora de elefantes durant nove anos. En 1989 separáronse e ela volveu á televisión para presentar programas de variedades, ademais de En casa de Bárbara, un programa de cociña que se emitiu por Canal 9 entre 2000 e 2005.