María Novas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Novas
Biografía
Nacemento1987 Editar o valor em Wikidata (36/37 anos)
Bueu, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Jaume I - Mestrado (2013–2014)
Universidade de Santiago de Compostela - Mestrado (2012–2013)
Universidade Católica de Louvain (2008–2009)
Universidade da Coruña (2005–2011) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecta Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Técnica de Delft (–2023)
Universidade Técnica de Delft (2017–)
Universidade de Sevilla, doutorando (2016–) Editar o valor em Wikidata

María Novas Ferradás, nada en 1987 en Bueu, é unha arquitecta galega.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Arquitectura na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Posteriormente realizou o máster en Investigación Aplicada en Estudios Feministas (UJI) e o máster en Renovación Urbana e Rehabilitación da Universidade de Santiago de Compostela.

En 2012 xunto a Sofía Paleo creou o blog Dexeneroconstrución co obxectivo de achegar a perspectiva de xénero á arquitectura.

En 2023 residía nos Países Baixos[4] onde traballou como docente e investigadora invitada na Universidade Técnica de Delft e na Academia das Artes de Tilburg nos Países Baixos,[1] ademais de realizar o seu doutoramento en Historia e Teoría da Arquitectura na Universidade de Sevilla.[2]

En 2023 a Bienal de Arquitectura distinguiuna na modalidade de investigación polo seu traballo "Arquitectura y género. Una introducción posible".[5]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Arquitectura y género : una introducción posible (2021). Santa Cruz de Tenerife: Melusina. ISBN 978-84-18403-37-8[6]

Libros colectivos[editar | editar a fonte]

  • Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais (2019). Catro Ventos Ed. ISBN 978-84-949154-6-8.
  • Galiza e o decolonialismo (2023). Fundación Luís Seoane.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]