Marun Laham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
مارون لحّام
(Marun Laham)
BISHOP-maroun-lahham.jpg
Arcebispo da Igrexa católica latina
Biografía
Nacemento20 de xullo de 1948 en Irbid (Xordania)
Ordes
Ordenación sacerdotal24 de xuño de 1972, por Giacomo Giuseppe Beltritti
Consagración episcopal2 de outubro de 2005, por Mixail Saba
Vigairo patriarcal de Xordania
(Patriarcado latino de Xerusalén)
2012 - 2017
PredecesorSalim al-Sair
SucesorWiliam Xumali
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Marun Laham (en árabe: مارون لحّام, "Mārūn Laḥḥām"), nado o 20 de xullo de 1948 en Irbid (Xordania), é un eclesiástico católico latino árabe, arcebispo de Tunes entre 2005 e 2012, e vigairo patriarcal en Xordania entre 2012 e 2017

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Irbid, o 20 de xullo de 1948. Entre 1961 e 1972 estudou Filosofía e Teoloxía no seminario patriarcal de Bait Xala. O 24 de xuño de 1972 foi ordenado sacerdote do patriarcado latino de Xerusalén polo patriarca Giacomo Giuseppe Beltritti.

Entre 1972 e 1975 foi vigairo parroquial de Cristo Rei en Amán, e entre 1975 e 1976 vigairo parroquial en Al-Fuhais. Marchou como misioneiro fidei donum a Dubai, onde atendeu ás diferentes comunidades cristiás. Volveu en 1979 a Amán como vigairo, e entre 1981 e 1988 foi párroco en Madaba.

Entre 1988 e 1992 doutorouse en Teoloxía pastoral pola Pontificia Universidade Lateranense, cunha tese sobre a catequese de adultos no territorio patriarcal, e á súa volta a Xerusalén foi encargado de dirixir as escolas patriarcais até 1994, e posteriormente foi reitor do seminario de Bait Xala.

O 8 de setembro de 2005 foi nomeado bispo de Tunes polo papa Bieito XVI. Recibiu a conagración episcopal de mans do patriarca Mixail Saba o 2 de outubro. Cando a sé foi elevada a arquidiocese o 22 de maio de 2010, pasou a ser o seu arcebispo.

O 19 de xaneiro de 2012 Bieito XVI nomeouno vigairo patriarcal de Xordania, arcebispo auxiliar de Xerusalén e arcebispo titular de Medaba. Permaneceu no cargo até a súa renuncia o 4 de febreiro de 2017.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Fuad Twal
 Bispo de Tunes 
2005 - 2010
Sucesor:
(Elevación da sé)
Predecesor:
(Elevación da sé)
 Arcebispo de Tunes 
2010 - 2012
Sucesor:
Ilario Antoniazzi
Predecesor:
Salim al-Sair
 Bispo auxiliar de Xerusalén
Vigairo patriarcal para Xordania
 
2012 - 2017
Sucesor:
Wiliam Xumali