Maruja Torres
Maruja Torres | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Maruja Torres |
Nacemento | 16 de marzo de 1943 e 1943 |
Barcelona | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e escritora |
Premios | Premio Nadal, Creu de Sant Jordi, Premio Francisco Cerecedo, Manuel Vázquez Montalbán International Journalism Award, Premio Planeta, Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes e sen etiquetar |
[ editar datos en Wikidata ] | |
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Maria Dolors Torres Manzanera, coñecida como Maruja Torres, nada o 16 de marzo de 1943 en Barcelona, é unha xornalista e escritora catalá.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nada no barrio barcelonés do Raval e de familia murciana, dedícase ó xornalismo desde os 21 anos, pese a non ter formación académica neste campo. Comezou no sector periodístico como secretaria de redacción no diario La Prensa, tras realizar un curso de taquigrafía e mecanografía. Máis adiante colaborou en diversas publicacións coma o semanario Garbo, a revista Fotogramase a revista Por Favor.
Anos despois trasládase a Madrid onde se incorpora ó equipo de El País, diario no que segue a colaborar na actualidade.
A súa primeira obra publicada foi ¡Oh es él! Viaje fantástico hacia Julio Iglesias (1986), un enfoque humorístico arredor do cantante. A esta seguirían outras entre as que destaca Mientras vivimos, novela pola que foi merecedora do Premio Planeta en 2000.
Obra[editar | editar a fonte]
- ¡Oh es él! Viaje fantástico hacia Julio Iglesias (1986)
- Ceguera de amor (1991)
- Amor América: un viaje sentimental por América Latina (1993)
- Como una gota (artigos, 1995)
- La garrapata (conto pertencente ó libro Barcelona, un día,1998)
- Un calor tan cercano (1998)
- Mujer en guerra. Más másters da la vida (Biográfico, 1999)
- El velo y las lágrimas (cuento perteneciente a Mujeres al alba, 1999)
- Mientras vivimos (2000) XLIX Premio Planeta
- Hombres de lluvia (2004)
- La amante en guerra (2007)
- Esperadme en el cielo (2009)
- Fácil de matar, (2011)
- Sin entrañas, (2012)
- Diez veces siete, (2014)
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio Víctor de la Serna de periodismo concedido pola Asociación de la Prensa de Madrid (1986)
- Premio de Literatura Estranxeira por Un calor tan cercano (1998)
- XLIX Premio Planeta pola novela Mientras vivimos (2000)
- Premio Nadal pola novela Esperadme en el cielo (2009)