Martin Linnes
Martin Linnes | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Martin Linne | ||
Nacemento | 20 de setembro de 1991 | ||
Lugar de nacemento | Kongsvinger | ||
Altura | 1.77 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Información de club | |||
Club actual | Galatasaray | ||
Carreira xuvenil | |||
Sander | |||
Kongsvinger | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2010–2011 | Kongsvinger | 41 | (1) |
2012–2016 | Molde | 104 | (11) |
2016– | Galatasaray | 11 | (0) |
Selección nacional | |||
2011–2013 | Noruega sub-21 | 7 | (0) |
2013– | Noruega | 15 | (0) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 25 de setembro de 2016 Selección: actualizado a 25 de setembro de 2016[ editar datos en Wikidata ] | |||
Martin Linnes, nado en Sør-Odal o 20 de setembro de 1991, é un futbolista noruegués que xoga como defensa no Galatasaray.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Primeiros anos[editar | editar a fonte]
Comezou a súa carreira no club a súa aldea natal, o Sander, e despois pasou polo Kongsvinger. En 2010 debutou na máxima categoría norueguesa.
Molde[editar | editar a fonte]
Linnes fichou polo Molde en 2012, ao caducar o seu contrato co Kongsvinger.[1] O 9 de abril de 2012, fixo a súa primeira asistencia contra o Brann nunha vitoria para o Molde 2–1, e o 4 de agosto de 2012, marcou por primeira volta, contra o Sogndal, nunha vitoria 2–1. O 17 de setembro de 2015, Linnes anotou o terceiro gol contra o;Fenerbahçe na UEFA Europa League 2015-16 nunha vitoria 1-3. Logo de catro anos co Molde marchou ao Galatasaray. Co Molde xogou 152 partidos, marcou 14 goles e realizou 26 asistencias.
Galatasaray[editar | editar a fonte]
En xaneiro de 2016, Linnes firmou por tres anos e medio co Galatasaray.[2] Debutou contra o Akhisar Belediyespor na Copa de Turquía que acabou nun empate 1 a 1. No partido do 26 de xaneiro de 2016 comezou como centrocampista con José Rodríguez contra o Kastamonuspor na Copa de Turquía, e fixo unha asistencia a Sinan Gümüş, que acabou no terceiro gol do seu equipo. Na segunda metade regresou á súa posición principal, defensa, e o Galatasaray gañou por 4 a 1. O 6 de febreiro de 2016, xogou por primeira volta na Süper Lig, contra o Konyaspor que acabou nun empate a 0.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Kongsvingers Martin Linnes klar for Molde". TV2. 31 de agosto de 2011.
- ↑ Martin Linnes, Galatasaray'da NTV, 9 de xaneiro de 2016