Comunidade de fala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Comunidade de falantes»)

Unha comunidade de fala ou comunidade de falantes [1] (CF, en inglés: speech community, SC) é un conxunto de persoas unidas por vínculos sociais, económicos, políticos e culturais comúns e que establecen contactos entre si e con varias institucións sociais utilizando unha lingua ou linguas diferentes distribuídas neste conxunto[2] .

Terminoloxía[editar | editar a fonte]

O termo comunidade de fala está moi vinculado ao de comunidade lingüística, e ás veces confúndense.

A Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, redactada en Barcelona o 8 de xuño de 1996 define comunidade lingüística como “toda sociedade humana historicamente asentada nun determinado territorio (independentemente de que este espazo sexa recoñecido ou non), que se identifica co pobo e desenvolveu unha linguaxe común como medio natural de comunicación e de cohesión cultural entre os seus membros. O termo “lingua propia dun territorio” refírese á lingua dunha comunidade historicamente establecida nese territorio” [3][4][5].

Referencia aos territorios[editar | editar a fonte]

Considérase que os grupos teñen territorio propio e pertencen a unha comunidade lingüística tamén nos seguintes casos:

  • a) se están separados da parte principal da súa comunidade por límites políticos e administrativos;
  • b) se historicamente se asentaron nunha pequena zona rodeada de membros doutra comunidade lingüística;
  • c) se se asentaron na zona que comparten con membros doutras comunidades lingüísticas de pasado histórico similar.

Os límites da distribución das linguas moitas veces non coinciden cos límites políticos.

En Bélxica, as comunidades francófonas, flamengas e germanófonas elixen os seus propios consellos, e o consello da comunidade lingüística flamenga é ao mesmo tempo o parlamento de Flandres e elixe o goberno desta provincia e o o consello francófono elixe o goberno de toda a comunidade francófona (non só a provincia francófona de Valonia, senón tamén os francófonos da capital, Bruxelas).

En termos absolutos, os cidadáns rusofalantes de Ucraína representan a comunidade de fala máis grande de Europa, cuxa lingua non está recoñecida como lingua oficial ou estatal no seu país.

En termos porcentuais, a maior comunidade deste tipo en Europa son os habitantes de lingua rusa de Letonia.


Os falantes de esperanto constituirían segundo estas definicións unha comunidade de fala, pero non unha comunidade lingüística, xa que non están vinculados historicamente a ningún territorio, recoñecido ou non, salvo que consideremos o conxunto do planeta Terra (neste caso tamén se podería empregar, ou se consideramos a comunidade orixinaria de Bialystok, na actual Polonia[6]).

Historia do concepto[editar | editar a fonte]

Desde que Bloomfield dedicou un capítulo enteiro do seu libro Language, de 1933, ás Speech Communities, o tema vén sendo discutido e non sempre hai acordo entre as definicións[7]. A adopción do concepto comunidade de falantes como foco de análise lingüística xurdiu na década de 1960, debido ao traballo pioneiro de William Labov, cuxos estudos sobre a variación lingüística na cidade de Nova York e a pequena vila de Martha's Vineyard sentaron as bases da sociolingüística como ciencia social. Os seus estudos demostraron que non só a clase e a profesión estaban claramente relacionadas coa variación lingüística dentro dunha comunidade de falantes (por exemplo, Martha's Vineyard), senón que as aspiracións socioeconómicas e a mobilidade tamén eran de grande importancia[8].

Antes dos estudos de Labov, o campo lingüístico máis próximo era a dialectoloxía, que estuda a variación lingüística entre diferentes dialectos. A aplicación principal da dialectoloxía é nas comunidades rurais con pouca mobilidade física. Así, non houbo un marco para describir a variación lingüística nas cidades até a aparición da sociolingüística e do concepto de comunidade de fala, que se aplica tanto ás comunidades rurais como ás urbanas.

Dende os anos 60 realizáronse diversos estudos que afondaron no noso coñecemento sobre o funcionamento das comunidades de discurso e ampliaron o seu uso. Os sociolingüistas notables que traballaron en comunidades de fala inclúen a W. Labov, John Gumperz, Lesley Milroy e Mary Lakoff[9].

Principais documentos internacionais sobre os dereitos das comunidades lingüísticas ou de falantes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Speech community". en.bab.la (en inglés). 
  2. "Wayback Machine". krugosvet.ru, arquivada en web.archive.org. Consultado o 2022-06-25. 
  3. 3,0 3,1 "Russian PEN centre Русский ПЕН-центр". www.penrussia.org. Consultado o 2022-06-25. 
  4. "Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos" (PDF). Art. 1, no 1. 1993. 
  5. "Enciclopèdia d'Eivissa i Formentera". www.eeif.es (en catalán). Consultado o 2022-06-25. 
  6. "Esperanto: Multlingva Inform-Centro: Galego (galega)". malnova.esperanto.net. Consultado o 2022-06-25. 
  7. "Comunidades de Fala e Comunidades de Prática". 1library.org (en portugués). Consultado o 2022-06-26. 
  8. "William Labov – Martha’s Vineyard – All About Linguistics" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2022. Consultado o 2022-06-26. 
  9. Teemant, Annela; Pinnegar, Stefinee E. (2019). "What Is a Speech Community?". Principles of Language Acquisition. 
  10. "Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos" (PDF). Art. 1, no 1. 1993. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.