Martín de la Puente
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 22 de xuño de 1999 Vigo |
| Actividade | |
| Ocupación | tenista en cadeira de rodas |
| Deporte | tenis en cadeira de rodas |
| Participou en | |
| 2021 | wheelchair tennis at the 2020 Summer Paralympics – men's singles (en) |
| 2021 | wheelchair tennis at the 2020 Summer Paralympics – men's doubles (en) |
| 2016 | wheelchair tennis at the 2016 Summer Paralympics – men's singles (en) |
| 2016 | wheelchair tennis at the 2016 Summer Paralympics – men's doubles (en) |
| Wheelchair tennis at the 2024 Summer Paralympics – Men's singles (en) | |
| Wheelchair tennis at the 2024 Summer Paralympics – Men's doubles (en) |
|
Martín de la Puente Riobó, nado en Vigo o 22 de xuño de 1999, é un tenista paralímpico galego. Conta no seu palmarés con dous torneos do Grand Slam, ambos na categoría de dobres masculino en cadeira de rodas (US Open 2022 e Wimbledon 2025). No ámbito nacional foi 6 veces Campión de España e número 1 da clasificación nacional. Participou nos Xogos Paralímpicos de Río de Xaneiro de 2016 e Toquio de 2020. Pertence ao Real Club Náutico de Vigo.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Aos dous anos de idade foi diagnosticado con síndrome de Proteus no Hospital de la Paz, en Madrid. Con 14 anos acumulou un total de 16 operacións, incluíndo a amputación do pé esquerdo.
Con apenas 14 anos conseguiu o seu primeiro Campionato de España, e nas seguintes temporadas conseguiu tres veces consecutivas o Campionato do Mundo sub18. No ano 2016 acudiu aos Xogos Paralímpicos de Río de Xaneiro, sendo o deportista máis mozo da súa modalidade, con tan só 17 anos e acadando un Diploma Paralímpico. Tamén participou nos Xogos de Toquio de 2020.
En 2022 situouse como número 1 da clasificación mundial de tenis en cadeira de rodas, na categoría de dobres, tras conseguir o seu primeiro Gran Slam, o Open dos Estados Unidos e a Copa de Mestres en categoría de dobres.
Graduouse no ano 2023 en Administración e Dirección de Empresas.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Martín de la Puente na páxina web da Real Federación Española de Tenis (en castelán).
- ↑ "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016.
- ↑ Martín de la Puente Arquivado 09 de outubro de 2022 en Wayback Machine. na páxina web do seu patrocinador, Toyota (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Rivera, Almudena (27/4/2017). "Martín de la Puente, el niño prodigio del tenis paralímpico". Marca (en castelán).
- González, Josep (16/9/2022). "Martín de la Puente, el ‘otro Alcaraz’ que hizo historia en el US Open". Sport (en castelán).