Marquesado de San Sadurniño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marquesado de San Sadurniño
Primeiro titularPedro Álvarez de Reynoso y Argiz
ConcesiónCarlos II
21 de decembro de 1688
LiñaxesÁlvarez de Reynoso
Quindós
Moreno
Romero
Actual titularJosé Manuel Romero Moreno

O marquesado de San Sadorniño é un título nobiliario español outorgado o 21 de decembro de 1688 polo rei Carlos II a Pedro Álvarez de Reinoso Arxiz, Gaioso e Feixoó, Rexedor Perpetuo de Ourense. Debe o seu nome á vila de San Sadurniño, na comarca de Ferrol.

Os seus titulares foron:

Xenealoxía[editar | editar a fonte]

  • Pedro Álvarez de Reinoso Arxiz Gaioso Feixoó, finado en 1702, foi rexedor perpetuo de Ourense e padroeiro da capela da Asunción da catedral ourensá. Casou con Francisca Ventura de Andrade e Pardo de Figueroa, filla de Pedro de Andrade, VI Señor de San Sadurniño, e de Francisca Pardo de Figueroa Lupidana. Premiando os seus méritos, e malia ser ourensán, o rei Carlos II, atendendo o señorío coruñés do que a súa esposa era décima ostentadora -logo de morreren tres irmáns seus- outorgoulle o título de marqués de San Sadurniño. Sucedeuno o seu fillo:
  • Pedro Francisco Álvarez de Reinoso e Andrade, finado solteiro en 1735. Sucedeuno o seu sobriño, fillo da súa irmá Rosa Álvarez de Reinoso, casada con Álvaro Quindós Bolaño.
  • José Jacinto Quindós Reinoso de Andrade, finado en 1753, casado con Josefa Cayetana Pardo de Moscoso, V Señora de Baltar, filla de Pedro Pardo de Andrade, IV Señor de Baltar, e de María Antonia de Cora Moscoso. Sucedeuno o seu fillo:
  • José Javier Quindós Pardo (1737 - 1811), casado con Ana Quiroga Quindós, sobriña carnal súa ao ser filla da súa irmá María Quindós Pardo, que á súa vez casara con Andrés Quiroga Ulloa, Señor de Herves e membro numerario da Real Academia de Agricultura de Galicia. Irmáns de Ana foron José Ignacio Quiroga Quindós, Señor de Herves, rexedor perpetuo de Mondoñedo e A Coruña, Cabaleiro da Real Maestranza de Ronda e da Orde Militar de Montesa, e María Quiroga Quindós, casada co Señor de Fontao, José María Moscoso Miranda. Ao cuarto marqués sucedeuno o seu fillo:
  • José María Quindós Quiroga, (1792 - 1821) Alguacil Maior, rexedor perpetuo de Ourense e Cabaleiro da Real Maestranza de Ronda. Casou con María Segunda Tejada Eulate, filla de Felix Tejada Suarez de Lara, Cabaleiro da Orde de Santiago, e de Carmen Eulate Tovía. María Segunda Tejada, tras quedar viúva moi nova, volveu casar con Francisco Aguirre O'Neale, sendo fillos da parella Manuel Aguirre de Tejada, primeiro conde de Tejada de Valdeosera, ministro de Graza e Xustiza, e a Patricio Aguirre de Tejada, primeiro conde de Andino. Sucedeuno o seu fillo:
  • José Mariano Quindós Tejada, alcalde de Madrid, cabaleiro da Real Maestranza de Ronda, Cabaleiro Gran Cruz da Orde de Carlos III, Senador vitalicio, Xentilhome de cámara con exercicio do Rei Afonso XII. Casou con Fernanda Villaroel Goicolea, vizcondesa da Frontera, irmá do II duque da Conquista, con quen tivo a súa filla:
  • María de la Natividad Quindós Villaroel, duquesa da Conquista, marquesa de Gracia Real de Ledesma, marquesa dos Palacios, vizcondesa da Frontera, Camareira maior da Raíña nai María Cristina de Habsburgo. Casou con Francisco de Asis Arias Dávila Matheu Bernaldo de Quirós, conde de Cumbres Altas, Embaixador de España, Cabaleiro da Real Maestranza de Ronda e Xentilhome Grande de España con exercicio e servidume do Rei Afonso XIII, fillo de Francisco Javier Arias Dávila Matheu, conde de Puñonrostro. Trala morte de María de la Natividad sen descendencia o título pasou ao neto primoxénito do seu curmán terceiro, o III conde de Fontao:
  • Alfredo Moreno Uribe, V conde de Fontao, enxeñeiro de camiños, canles e portos, vicepresidente de RENFE. Casou con Ana Rosa Gómez-Rodulfo Barrio, filla de Ángel Gómez-Rodulfo Ibarbia, Deputado a Cortés por Bejar, e de Ana María Barrio de Salamanca. Ao non ter sucesión, o título foi herdado pola súa irmá:
  • María Moreno Uribe, VI condesa de Fontao. Non tivo descendencia, herdando o título o seu sobriño:
  • José Manuel Romero Moreno, avogado, VII conde de Fontao, presidente da Fundación CEAR, vicepresidente de FRIDE, membro institucional do Club de Madrid, conselleiro de Patrimonio Nacional e conselleiro privado do Rei Xoán Carlos I. Casou con Ana María Duplá del Moral, filla do enxeñeiro industrial Tomás Duplá Abadal e de Ana María del Moral Aguado, neta do político Antonio del Moral López.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Elenco de Grandezas y Títulos Nobiliarios Españoles. Instituto Salazar y Castro, CSIC.