Mariví Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mariví Otero
Mariví Otero en ArcoMadrid 2021.jpg
Nacemento16 de abril de 1948
Lugar de nacementoBaralla
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónhistoriador da arte, galerista e crítico de arte
editar datos en Wikidata ]

María Victoria Otero Vila, nada o 16 de abril de 1948 en Baralla, máis coñecida como Mariví Otero, é unha historiadora da arte, galerista e crítica de arte galega, especializada nas Vangardas do século XX.

Formación[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Historia da arte na Facultade de Xeografía e Historia na Universidade Complutense de Madrid[1] É especialista nas primeiras Vangardas do século XX[2] e na arte de entreguerras nacional e internacional. En 1975 realizou o Curso de Gravado na Fundación Rodríguez Acosta de Granada.

En 1982 asistiu ao Curso de Arte "Del realismo a la nueva figuración", dirixido polo profesor e crítico de arte Francisco Calvo Serraller na Universidade Internacional Menéndez Pelayo, en Santander. No ano 1984 asistiu ao Curso sobre "Arquitectura rural", dirixido polo profesor Simón Marchán na Universidade Internacional Menéndez Pelayo, en Segovia.

Entre os anos 1993 e 2001, asistiu periodicamente a diversos cursos ofrecidos pola Fundación Amigos del Museo del Prado en Madrid, como os titulados: "El retrato en el Museo del Prado", "Obras maestras del Museo del Prado", "El desnudo en el Museo del Prado", "Francisco de Goya" ou "Obras maestras del Museo del Prado".

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Otero exerceu de xestora cultural como comisaria independente ao longo da súa carreira profesional. Foi fundadora do grupo "ABRA" no ano 1982 na Galería Altex de Madrid.[3]

É membro de asociacións profesionais españolas, como a Asociación Española e Internacional de críticos de arte. Ademais, forma parte activa das Fundacións como Socia colaboradora da Fundación Amigos do Museo Raíña Sofía de Madrid e socia colaboradora da Fundación Amigos Museo del Prado de Madrid.

Tamén é xefa de proxectos do blog especializado en arte contemporánea "Observando el Arte".[4]

No ano 2007 comisariou a exposición retrospectiva de Ginés Parra titulada "El espíritu de la materia" presentada no Centro de Arte Museo de Almería e na sala UNICAJA de Málaga.[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Madrid, Arte. "Marivi Otero Vila - Asesora de Arte - Coleccionista". xing.com. Consultado o 18 de xaneiro de 2021. 
  2. Otero, Marivi (22 de setembro de 2010). "Mariví Otero: FUNCIONES DE UN GALERISTA". Consultado o 27 de xaneiro de 2021. 
  3. "Marivi Otero. Crítico/Periodista, Comisario, Investigador/Docente". Arte informado. 2014. Consultado o 18 de xaneiro de 2021. 
  4. Otero, Mariví. "DALILA GONÇALVES. No ouvido há labirintos e cristais.". Consultado o 1 de febreiro de 2021. 
  5. "Estudio-53". Consultado o 27 de xaneiro de 2021. 
  6. "Andalucia en la Vanguardia" (PDF).