Mario Fernández Mazas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mario Fernández Mazas
Nacemento1920
Lugar de nacementoOurense
Falecemento1937
Lugar de falecementoCella
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
IrmánsCándido Fernández Mazas e Armando Fernández Mazas
editar datos en Wikidata ]

Mario Fernández Mazas, nado en Ourense en 1920 e finado en 1937, foi un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Irmán máis novo de Cándido Fernández Mazas. Xunto cos seus amigos Luís Taboada Camoeiras e Amadeo Varela Rodríguez publicou a revista Espartaco. Os seus artigos aparecían asinados como MA FER MA. En 1936 preparábase para iniciar os estudos de medicina. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Destinado á fronte de guerra logo de pasar por A Coruña, Zaragoza e Teruel. Segundo a versión oficial foi abatido en Cella (Provincia de Teruel) por unha bala perdida, pero en realidade tratouse dun axustizamento, pois o cadáver presentaba unha bala nas costas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]