Amadeo Varela Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Amadeo Varela Rodríguez
Nacemento1913
 Cuba
Ocupaciónmestre, avogado e político
editar datos en Wikidata ]

Amadeo Varela Rodríguez, nado en Guanacoa (Cuba) en 1913, foi un mestre, avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Retornou cos seus pais a Galicia en 1921. Estudou maxisterio na Escola Normal de Ourense. Mestre en Seixalvo (Ourense). Militou nas Mocedades Galeguistas. Foi un dos promotores da revista Espartaco. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi acusado de galeguista e comunista, expedientado e suspendido. En 1941 foi reposto. Fixo a carreira de dereito e abreu bufete na rúa do Progreso de Ourense en 1946. Dende 1959 fixo artigos compilatorios da actividade xurídica en Ourense. Foi colaborador e difusor de Vieiros en Galicia, o que lle custou o apercebemento por parte das autoridades, que lle abriron expediente sancionador en 1966. Organizou a homenaxe a Celso Emilio Ferreiro con motivo da súa marcha a Venezuela en 1966. Participou no I Congreso de Dereito Galego na Coruña en outubro de 1972.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]