Saltar ao contido

Mario Conde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMario Conde

(1988) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Mario Antonio Conde Conde Editar o valor en Wikidata
14 de setembro de 1948 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Tui, España Editar o valor en Wikidata
Presidente Banesto
30 de novembro de 1987 – 28 de decembro de 1993 (Q8342044 Traducir)
← Pablo Garnica MansiAlfredo Sáenz Abad (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEdimburgo Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Deusto - dereito (1965–1971)
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónAvogado, empresario, político
Partido políticoSociedade Civil e Democracia (2011–2013)
Centro Democrático y Social Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
14 de marzo de 2018Manifesto pola Historia e a Liberdade Editar o valor en Wikidata
Outro
CónxuxeLourdes Arroyo Botana (1973-†2007)[1]
María Pérez-Ugena Coromina (2010-2016) Editar o valor en Wikidata
ParellaAdriana Torres Silva (2020–2023) Editar o valor en Wikidata
FillosMario Conde Arroyo (2/10/1974)
Alejandra Conde Arroyo (1/4/1977) Editar o valor en Wikidata
PaisMario Conde Oliva Editar o valor en Wikidata  e María del Pilar Conde Prieto Editar o valor en Wikidata
IrmánsPilar Conde Conde
Carmen Conde Conde
Ana Conde Conde Editar o valor en Wikidata
ParentesDelmira Prieto Domínguez, avoa materna
Antonio Conde Fresco, avó materno Editar o valor en Wikidata
Condenado porRacketeering (pt) Traducir (2001)
Infidelidade (pt) Traducir (2001) Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webmarioconde.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX892935 BUSC: conde-mario-1948


Mario Antonio Conde Conde, nado en Tui o 14 de setembro de 1948, é un financeiro e avogado galego. Tivo unha gran relevancia social en España nos anos 1980 e 1990 por ser presidente de Banesto aos 39 anos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Auxe económico

[editar | editar a fonte]

Fillo dun inspector de alfándegas, aos oito anos marchou de Galicia e instalouse en Alacant, pero sempre mantivo vínculos familiares con Galicia. Cursou dereito, con matrículas de honra,[2] na Universidade de Deusto na que se licenciou en 1971.[3] Preparou oposicións para Avogado do Estado e con 24 anos conseguiu ser o primeiro da súa promoción nas oposicións de 1973[3] e obter ademais a mellor nota da historia deste corpo.[4]

En 1977 incorporouse ao grupo farmacéutico Abelló, que formaba parte da empresa Antibióticos S.A. Vendeu o laboratorio Abelló á multinacional Merck Sharp and Dohma por 2.700 millóns de pesetas.[5][6] A comisión recibida por esta venda permitiulle comprar o 23 por cento do capital social de Antibióticos S.A. en 1984, coincidindo coa saída dos irmáns Fernández López da mesma. En 1985, xunto co seu socio Juan Abelló, que posuía algo menos do 50% da empresa, e con Jaime e Emilio Botín, que asinaron a compra doutro 23 por cento, fíxose co control de Antibióticos S.A. En 1987 foi o protagonista da operación económica máis importante realizada en España ata o momento, ao vender canda o financeiro Juan Abelló a empresa Antibióticos S.A. á multinacional italiana Montedison por 58.000 millóns de pesetas.[7][3]

Co beneficio ambos tomaron unha importante parte do capital do banco Banesto, onde foron nomeados vicepresidentes da entidade. Nese momento o Banco de Bilbao, dirixido por José Ángel Sánchez Asiaín e Emilio Ybarra realiza a primeira OPA da historia de España sobre Banesto, pero Conde convence o consello de administración de non acceder á operación. Noméano presidente da entidade en 1987 para substituír a Pablo Garnica cando tiña tan só 39 anos. Ao asumir o cargo, o banco tiña unha débeda de case 100.000 millóns de pesetas, e en 1989 os preto de 300.000 accionistas de Banesto obtiveron dividendos. Posteriormente, Conde tentou unha fusión co Banco Central, daquela presidido por Alfonso Escámez, que non prosperou.

O proceso Banesto

[editar | editar a fonte]

Nesta época, a súa popularidade social foi grande e converteuse nun símbolo de éxito. Pero o 28 de decembro de 1993, o Banco de España, gobernado por Luis Ángel Rojo, interveu Banesto por unha débeda patrimonial de aproximadamente 605.000 millóns de pesetas,[6] [3]e Conde foi destituído como presidente.

A partir de 1994, Mario Conde tivo que facer fronte a varios procesos. En decembro, foi condenado por apropiación indebida de 7.000 millóns de pesetas[3] e, despois de pasar 34 días no cárcere, saíu tras depositar 2.000 millóns de pesetas de fianza.[6] En 1996, foi condenado, de novo, polo caso Argentia-Trust, unha empresa domiciliada en Suíza, a seis anos de prisión por apropiación indebida de 600 millóns de pesetas e por falsidade en documento mercantil[6] e pasou 17 meses no cárcere de Alcalá-Meco; mais en 1998 o Supremo ratificou a condena por apropiación e retiroulle a falsidade.[3] O 31 de marzo de 2001 a Audiencia Nacional condénao a 14 anos por estafa e apropiación indebida e obrígao a devolver 7.200 millóns de pesetas a Banesto.

Antes de ingresar en prisión, Conde participou na política. En 2000 foi elixido candidato de UC-CDS ás eleccións lexislativas co apoio do 81% dos compromisarios asistentes á Asemblea Nacional -58 votos a favor, 12 en contra e un en branco. A súa formación conseguiu 23.576 votos en toda España, e quedou lonxe de obter ningún deputado[8].

Vida posterior

[editar | editar a fonte]

Fundou a revista MC, de economía e estilo, que tivo un ano de existencia. En setembro de 2009 comezou a participar no faladoiro político do programa de televisión "El gato al agua", da cadea Intereconomía TV.

Volveu ser detido en marzo de 2016 por repatriar dende Suíza preto de dez millóns procedentes do roubo de cartos a Banesto.[9][10]

Ten escrito libros de ensaio e vivencias:

  • El sistema.
  • Derecho penitenciario vivido.

Galardóns

[editar | editar a fonte]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Os seus avós paternos eran de Allariz e de Valladolid, e os maternos, así como a súa nai, de Covelo (Viana do Bolo). El considérase ourensán[13]. Tamén ten unha extensa propiedade nos montes de Toledo que lle mercou a Marcial Lalanda.

Casado con Lourdes Arroyo (falecida aos 52 anos, o 13 de outubro de 2007), tivo dous fillos: Mario e Alejandra, e dous netos.[14]. Casou en segundas nupcias en 2010 con María Pérez-Ugena Corominas da que se divorciou en 2016.[6]

  1. Falecida aos 52 anos, o 13 de outubro de 2007
  2. Xabier Aja (12 de abril de 2016). "Un número uno en la cárcel". Deia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2018. Consultado o 7 de marzo de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "El banquero que personalizó la ambición de una época". elimparcial.es. 11-04-2016. Consultado o 13-03-2018. 
  4. "Entrevista de Manuel Jabois a Mario Conde. "El Problema era yo".". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 
  5. "Abelló, el compañero de aventuras empresariales". diariodeleon.es. 28-03-2010. Arquivado dende o orixinal o 14-03-2018. Consultado o 13-03-2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Grau, Olga (12-04-2016). "Del pelotazo a la cárcel". elperiodico.com. Consultado o 13-03-2018. 
  7. Cacho, Jesús (03-03-1987). "Cerrada la compra de Antibióticos por el grupo italiano de Cubiertas Montedison, que pagará 58.200 millones de pesetas". elpais.com. Consultado o 13-03-2018. 
  8. Base de datos de resultados electorais Arquivado 24 de maio de 2011 en Wayback Machine. Ministerio do Interior
  9. Detienen a Mario Conde por repatriar diez millones de euros desde Suiza, nova en El Diario o 11 de marzo de 2016. (en castelán)
  10. Carlos Berbell (2 de abril de 2018). "Un perito de la Agencia Tributaria ratifica los datos de la Fiscalía Suiza: el dinero de Mario Conde no procede de Banesto". Confilegal (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2018. 
  11. Mario Conde ingresa en la Orde da Vieira Arquivado 14 de agosto de 2010 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 12 de agosto de 2010
  12. "La Complutense retira el título de honoris causa a Mario Conde". elpais.com. Consultado o 07-04-2018. 
  13. Mario Conde: Un país no se puede permitir que empresas viables caigan porque les cortocircuitan el crédito Arquivado 25 de setembro de 2009 en Wayback Machine., La Región (en castelán) consultado o 20 de setembro de 2009
  14. Lourdes Arroyo, la discreción frente a la adversidad, El Mundo, 14 de outubro de 2007 (en castelán) consultado o 20 de setembro de 2009

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]