Alfonso Escámez
(1988) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de xaneiro de 1916 Águilas |
| Morte | 16 de maio de 2010 Madrid |
| 15 de xuño de 1977 – 2 de xaneiro de 1979 | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | político, empresario, banqueiro |
| Outro | |
| Título | Marqués |
| Premios | |
| |
Afonso Escámez e López, nado en Águilas (Murcia), o 1 de xaneiro de 1916 e finado en Madrid, o 16 de maio de 2010[1], marqués de Águilas, foi un banqueiro español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun vendedor de peixe, asistiu ao colexio Santo Tomás de Aquino. O prematuro falecemento do pai fixo que comezase a traballar con 12 anos como porteiro na sucursal do Banco Internacional de Industria e Comercio. Tras a crise de 1929, a entidade reduciu persoal e Escámez, con 13 anos, perdeu o seu primeiro traballo. Pero os seus xefes xa se fixaran nel e pronto o volveron contratar, xa como caixeiro. Logo da Guerra Civil, o Internacional foi absorbido polo Banco Central, a entidade da que Escámez nunca se desligaría e onde desenvolveu toda a súa carreira, ata alcanzar a presidencia en 1973, cadeira que ocupou ata 1993.
Logo da súa retirada foi tamén Presidente de Honra de CEPSA.
En 1977 foi designado senador polo rei de España Xoán Carlos I e ocupou un escano no Senado ata as eleccións de 1979, ás que non se presentou. Durante a súa estadía na Cámara Alta vinculouse ao grupo de Senadores Independentes, todos eles de designación real, e situados na á máis conservadora do hemiciclo.
Galardóns
[editar | editar a fonte]- Gran Cruz da Orde do Mérito Civil.
- En 1991, o rei Xoán Carlos I de España outorgoulle o marquesado de Águilas, vacante trala súa morte.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Afonso Escámez, un banquero de la vieja escuela, El País, 17 de maio de 2010.