Marina Ortega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Marina Ortega Otero»)
Marina Ortega Otero


Deputada nas Cortes Xerais na XIII Lexislatura de España
por Ourense
21 de maio de 2019 – 24 de novembro de 2019


Deputada nas Cortes Xerais na XIV Lexislatura de España
por Ourense
3 de decembro de 2019 – 13 de marzo de 2020


Secretaria de Políticas Sociais na CENG do PSdeG-PSOE
Actualmente no cargo
Dende o 29 de outubro de 2017

Datos persoais
Nacemento 22 de xaneiro de 1983 (41 anos) O Carballiño, Ourense
Partido PSdeG-PSOE
Pais España

Na rede
Twitter: Marina_Ortega_ Editar o valor em Wikidata

Marina Ortega Otero, nada no Carballiño o 22 de xaneiro de 1983, é unha psicóloga e política galega, membro do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE). Deputada no Congreso dos Diputados durante a XIII Lexislatura e a XIV Lexislatura, en marzo e xuño de 2020 presentouse como cabeza de lista do seu partido pola Provincia de Ourense ás convocatorias de abril e xullo dese ano ás Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traxectoria académica e laboral[editar | editar a fonte]

Licenciada en psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, forma parte da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, onde é vogal na sección de Psicoloxía Xurídica.

Exerceu a psicoloxía infantil, adulta e forense, ademais de dirixir o programa Recurra na provincia de Ourense.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Tralas eleccións municipais de España de 2015, convértese en Concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade no Concello do Carballiño.

No XIII Congreso do PSdeG-PSOE é elixida para formar parte da Executiva de Gonzalo Caballero Míguez, electo Secretario Xeral do PSdeG, asumindo así a Secretaría de Políticas Sociais da CENG.[1]

Despois da moción de censura contra Mariano Rajoy de 2018, asume a xefatura de gabinete da Subdelegación do Goberno en Ourense ata que encabeza a lista pola súa provincia para as eleccións xerais de España de abril de 2019 resultando electa.[2]

Durante a XIII Lexislatura convértese en Vicepresidenta Primeira da Comisión de Sanidade, Consumo e Benestar Social e en portavoz adxunta da Comisión de Igualdade. Está tamén adscrita á Comisión de Orzamentos, á Comisión de Fomento e á Comisión para as Políticas Integrais da Discapacidade. E, ademais, é vogal na Comisión de Dereitos da Infancia e a Adolescencia e na Comisión Mixta de Relacións co Defensor do Pobo.[3]

Meses máis tarde, volve a repetir posto de saída para as eleccións xerais de España de novembro de 2019 e resulta tamén electa.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2020

Durante a XIV Lexislatura repite como Vicepresidenta Primeira da Comisión de Sanidade, Consumo e Benestar Social e como portavoz adxunta da Comisión de Igualdade. Ademais, é vocal da Comisión de Dereitos da Infancia e Adolescencia, da Comisión Mixta de Relacións co Defensor de Pobo e da Comisión Mixta para o Estudo dos Problemas das Adicións.[4]

Tralo anuncio das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020, dimite e convértese de novo en candidata para ditos comicios, acompañada do tamén exsenador Juan Carlos Francisco Rivera. Para substituíla no Congreso dos Deputados, causa alta Uxía Tizón Vázquez.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]