Marie-Christine Koundja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marie-Christine Koundja
Nacemento30 de marzo de 1957
 Iriba
NacionalidadeChad
Alma máterUniversidade de N'Djamena
Ocupaciónpolítica, diplomática, novelista e escritora
editar datos en Wikidata ]

Marie-Christine Koundja, nada en Iriba o 30 de marzo de 1957[1], é unha escritora e diplomática do Chad. Traballou en varios departamentos ministerios e embaixadas do seu país. É primeira autora publicada do seu país, e escribiu dúas novelas en lingua francesa: Al-Istifakh, ou, L'idylle de mes amis (2001) e Kam-Ndjaha, la dévoreuse (2009).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de rematar a educación secundaria estudou Dereito durante un ano na Universidade de N'Djamena, pero deixouno e comezou na escola de secretariado de Yaoundé (Camerún). Traballou para varias axencias estatais do Chad en Camerún, incluído o servizo civil, e despois foi nomeada encargada de asuntos exteriores na embaixada do Chad. Despois foi nomeada primeira secretaria da embaixada do Chad en Abuja (Nixeria).

O seu primeiro libro, Al-Istifakh ou l'idylle de mes amis, editado en Yaoundé en 2001 por Editions Clé, foi a primeira obra publicada dunha muller do Chad.[2] A novela conta a historia dunha parella nova que decide casar sen o consentimento das súas familias polas diferenzas relixiosas e tribais. A novela remata cun final feliz, coa parella vivindo en Francia. Koundja usa o matrimonio para simbolizar os temas sociais da sociedade do seu país desde 1979, e para avogar pola cultura do perdón.[3] A súa segunda novela, Kam-Ndjaha, la dévoreuse, foi publicada en 2009 en París por Éditions Menaibuc. O libro inclúe temas como a pobreza, a infidelidade e a amizade.[4]

Koundja é nai de catro rapaces.[5]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Al-Istifakh ou l'idylle de mes amis (Editions Clé, 2001). ISBN 2-7235-0129-9. Prefacio de Pascal Charlemagne Messanga Nyamding.
  • Kam-Ndjaha, la dévoreuse (Éditions Menaibuc, 2009). ISBN 9782353490820

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Anthologie de la littérature et des arts tchadiens. Bourdette-Donon, Marcel. Paris: L'Harmattan. 2003. p. 187. ISBN 9782747540513. OCLC 52429094. 
  2. Zuchora-Walske 2009, pp. 70–71.
  3. Taroum, Aline (Xaneiro de 2005). "Christine Koundja: première femme tchadienne écrivain, auteure du roman 'Al Istifakh ou I'Idylle de mes amis'". Amina (en francés) (417). p. 48. 
  4. "Marie-Christine Koundia signe «Kam-Ndjaha la dévoreuse»". Universidade de Australia Occidental. 2014. Consultado o 4 de novembro de 2016. 
  5. "Marie-Christine Koundja". Universidade de Australia Occidental. Consultado o 4 de novembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Zuchora-Walske, Christine (2009). Chad in Pictures. Twenty-First Century Books. ISBN 1575059568.