Marian Cozma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marian Cozma
Marian Cozma 03.jpg
Cozma coa camiseta do Veszprém en 2007.
Información persoal
Nome Marian Cozma
Nacemento 8 de setembro de 1982
Lugar de nacemento Bucarest
Falecemento 8 de febreiro de 2009
Lugar de falecemento Veszprém
Altura 2,11 m
Peso 113 kg
Posición Pivote
Carreira xuvenil
...-2002 CS Dinamo Bucureşti
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2002-2006 CS Dinamo Bucureşti 72 (228)
2006-2009 MKB Veszprém KC
Selección nacional
2002-2009 Romanía Romanía 60 (115)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Marian Cozma, nado o 8 de setembro de 1982 en Tei, Bucarest (Romanía) e finado en Veszprém (Hungría) o 8 de febreiro de 2009, foi un xogador de balonmán romanés que xogaba na demarcación de pivote. Desenvolveu a súa carreira profesional no CS Dinamo Bucureşti romanés e no MKB Veszprém KC húngaro. Foi internacional coa selección romanesa en 60 ocasións, marcando 115 goles.

Carreira[editar | editar a fonte]

Cozma comezou a xogar ao balonmán no CS Dinamo Bucureşti. Seu pai, Petre, fora tamén xogador de balonmán e guiou ao seu fixo cara a este deporte.

Comezou a súa carreira profesional no seu club de formación, xogando para o Dinamo dende 2002 ata 2006, equipo co que gañou o campionato romanés na tempada 2004-2005.

Durante o tempo que xogou no Dinamo, Cozma foi acoitelado unha vez preto da súa casa por un grupo de seareiros radicais dun equipo rival. "Preguntáronme se era Cozma do Dinamo e entón un deles acoiteloume polas costas", declarou. A pesar do incidente, Cozma recuperouse e pouco despois volveu á cancha.

En 2006, asinou polo MKB Veszprém KC húngaro. Co seu novo equipo xogou a EHF Champions League na tempada 2006-2007, anotando 17 goles na competición. No 2008, gañou a liga húngara e a Recopa de Europa, derrotando ao Rhein-Neckar Löwen alemán na final.

Especúlase que no momento da súa morte, Cozma en negociacións con varios dos equipos máis importantes da Liga ASOBAL, entre eles o FC Barcelona.[1] Uns días antes da súa morte renunciara a xogar coa selección romanesa logo de ter poucas oportunidades coa selección durante o Campionato do Mundo de 2009 que se celebrou en Croacia. Mesmo se especulou con que Cozma podía solicitar a cidadanía húngara e xogar coa selección romanesa no futuro.[2]

Morte[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Coitelada de Veszprém.

Cozma foi asasinado o 8 de febreiro de 2009 cando estaba nun bar da cidade húngara de Veszprém e un grupo de 30 homes o agrediron. A pelexa continuou fóra do local, onde o xogador recibiu unha coitelada no corazón. Os seus compañeiros de equipo Ivan Pesic e Zarko Sesum, tamén estiveron presentes defendendo ao seu compañeiro e tiveron que ser hospitalizados logo de recibir varias agresións.[3][4] Despois do seu falecemento, o MKB Veszprém KC, retirou na súa memoria o seu dorsal número 8.

Legado[editar | editar a fonte]

Estatua de Marian Cozma nas inmediacións do Veszprém Aréna.

Cozma era moi querido en Veszprém, no día da súa morte unha multitude de aproximádamente 1.000 persoas reuníronse fronte ao pavillón da cidade nun velorio que foi reflectido en varias cidades de Hungría.[5]

O 10 de febreiro de 2009 o seu corpo foi levado primeiro do mortuorio ao pavillón de deportes de Veszprém, dende onde foi levado a Szeged, a cidade do maior rival do KC Veszprém, onde as autoridades húngaras celebraron unha cerimonia de despedida. Unhas horas despois o convoi entrou en Romanía, pasando por Nădlac, Arad, Deva, Sibiu, Braşov e Ploieşti ao apaluso de decenas de miles de persoas antes de chegar a Bucarest tras unha viaxe de 18 horas.[6] O corpo foi levado á sala de trofeos do Dinamo, onde os seareiros puideron mostrarlle os seus respectos, de alí o 13 de febreiro de 2009 foi levado á igrexa parroquial de Teiul Doamnei para o servizo funerario. Aproximádamente 1.000 persoas asistiron ao servizo funerario, incluíndo aos seus antigos compañeiros de Veszprém e o ministro de deportes de xuventude de Romanía. Cozma foi finalmente enterrado no cemiterio de Pipera.[7]

O consello da Federación Romanesa de Balonmán decidiu que o Centro Nacional de Excelencia Olímpica de Sighişoara mudara o seu nome a Marian Cozma.[8] As federacións de balonmán de Romanía e Hungría acordaron organizar un partido homenaxe cada ano no que xogaran as dúas selección na súa memoria, tanto en Veszprém como en Bucarest. A súa camiseta número 8 foi retirada polo seu club, KC Veszprém, así como o número 82 que luciu nos seus partidos coa selección nacional de Romanía.[9]

Foi nomeado póstumamente cidadán honorario de Veszprém,[10] así como recibiu o mesmo título na cidade de Bucarest.[6]

Foille concedido o título emérito de mestre de deportes polas autoridades romanesas.[6]

O concello do Sector 2 de Bucarest decidiu darlle a Marian Cozma a "Distinción de Honor" póstumamente.[11]

Decidiuse que o pavillón deportivo da escola, número 30 "Grigore Ghica Voivode" de Lăptari Tei número 23 no Sector 2, onde estudaran el e mais seu pai, levara o nome de Marian Cozma.[11]

Tamén se decidiu que o Peluza sud do Stadionul Dinamo levaría o nome de Marian Cozma.[12]

O KC Veszprém xogou o seu primeiro partido despois da morte de Cozma o 15 de febreiro, fronte ao Ademar León na EHF Champions League. Os seareiros homenaxearon a Cozma cunha marcha silenciosa que percorreu a cidade ata o estadio. Os xogadores do Veszprém saíron á cancha con camisetas brancas, coa foto de Cozma na fronte e o seu número 8 nas costas. Algúns dos seareiros foron vestidos de negro, e sostiveron mensaxes de despedida. Veszprém conseguiu a vitoria nun emotivo partido por 28 a 26.[13]

O 24 de maio, o KC Veszprém gañou o campionato húngaro tras derrotar ao SC Pick Szeged no terceiro partido das finais do campionato. Os membros do equipo, vestiron as súas camisetas brancas coa foto de Cozma, que levaron á cerimonia de entrega de medallas conducidos por Petre Cozma, que tamén recibiu unha medalla de ouro da federación húngara de balonmán, que logo colgaría dunha foto xigante do seu fillo.[14]

O partido de balonmán entre "U" Transilvania e HC Odorheiu Secuiesc en febreiro de 2009 foi dedicado a Cozma.[15]

Unha película sobre o asasinato, Szíven szúrt ország, estreouse o 7 de maio de 2009 en Veszprém.[16]

O partido amigable de fútbol do 12 de agosto de 2009 entre a Romanía e Hungría foi dedicado á memoria do xogador.[17] Os xornalistas de Hungría e Romanía, xunto con outros invitados doutros países organizaron tamén un partido amigable antes do partido entre os dous combinados nacionais, un partido en contra da violencia e en memoria de Marian Cozma.[18]

O 6 de febreiro de 2010 ergeuse unha estatua de Cozma diante do Veszprém Aréna de Veszprém, cos cartos donados polo público húngaro.

Palmarés[editar | editar a fonte]

CS Dinamo Bucureşti[editar | editar a fonte]

MKB Veszprém KC[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Romanian handball international Cozma murdered". onlinesportson.net. 2009-02-08. Consultado o 03-09-2013. 
  2. "Marian Cozma magyar válogatott lehet" (en húngaro). index.hu. 2009-02-04. Consultado o 03-09-2013. 
  3. libertaddigigtal.com Asesinan a Marian Cozma, pivote de la selección rumana de balonmano
  4. marca.com Muere asesinado el internacional rumano Marian Cozma
  5. "Shock after murder of international handball star - Summary". The Earth Times. 2009-02-08. Consultado o 2009-02-20. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "Marian Cozma’s body repatriated". Nine O'Clock. 2009-02-11. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2009-02-20. 
  7. "Tears and pain at Marian Cozma’s funeral". Nine O'Clock. 2009-02-16. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2009-02-20. 
  8. Ciutescu, Ovidiu (2009-02-10). "Marian Cozma dă numele Centrului Olimpic Sighişoara" (en Romanian). bucharestherald.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2016. Consultado o 2009-02-20. 
  9. Ciocoiu, Paul (2009-02-13). "Romanian handball player laid to rest". Southeast European Times. Consultado o 2009-02-20. 
  10. "“We will always love you,” tens of thousands tell Marian Cozma upon return" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2010. 
  11. 11,0 11,1 "Acordarea post –mortem a Distincţiei de onoare a Primăriei Sectorului 2 pentru handbalistul Marian Cozma". ps2.ro (en Romanian). 2009-02-13. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2009. Consultado o 2009-02-20. 
  12. "România a câştigat amicalul cu Ungaria, jucat în memoria lui Marian Cozma!". ProSport (en romanés). Consultado o 8 de xullo de 2018. 
  13. Nemcsik, Balázs (2009-02-15). "Veszprém overcome tragedy". Consultado o 2009-02-20. 
  14. "Megvédte bajnoki címét az MKB Veszprém a Budapest Bank férfi kézilabda ligában" (en Hungarian). MTI. 2009-05-24. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 2009-05-25. 
  15. "Meci in memoria lui Marian Cozma" (en Romanian). citynews. 10 February 2009. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2012. Consultado o 10 February 2009. 
  16. "Szíven szúrt ország". imdb.com. 
  17. "Meci Ungaria - România, în memoria lui Marian Cozma" (en Romanian). ziarultop. 12 August 2009. Consultado o 12 August 2009.  [Ligazón morta]
  18. "Meci împotriva violenţei şi în memoria lui Marian Cozma între jurnaliştii români şi maghiari" (en Romanian). mediafax. 12 August 2009. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2009. Consultado o 12 August 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]