Margarida Leijonhufvud

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Margarida Leijonhufvud
Margareta Leijonhufvud.jpg
Pintura do s. XVI de Johan Baptista van Uther
Nacemento1 de xaneiro de 1516
Lugar de nacementoGräfsnäs
Falecemento26 de agosto de 1551 e 25 de agosto de 1551
Lugar de falecementoÖverselö församling e Tynnelsö Castle
Causapneumonía
SoterradaCatedral de Uppsala
NacionalidadeSuecia
PaiErik Abrahamsson
NaiEbba Eriksdotter Vasa
CónxuxeGustavo I de Suecia
FillosJoão III da Suécia, Catherine Vasa of Sweden, Cecília Vasa, Magnus, Duke of Östergötland, Anna of Sweden, Princess Sophia of Sweden, Princess Elizabeth of Sweden e Carlos IX de Suecia
IrmánsMartha Leijonhufvud, Sten Eriksson Leijonhufvud e Abraham Eriksson Leijonhufvud
Na rede
WikiTree: Eriksdotter-1073 Find a Grave: 9479710 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Margarida Leijonhufvud, nada en Närke o 1 de xaneiro de 1516 e finada en Södermanland o 26 de agosto de 1551, tamén coñecida como Margarida Eriksdotter foi a segunda esposa do rei Gustavo I e raíña consorte de Suecia até a súa morte. Era filla de Éric Abrahamsson Leijonhufvud e súa esposa Ebba Eriksdotter Vasa. Entre os seus fillos, están Xoán III e Carlos IX.[1]

Descendencia[editar | editar a fonte]

  1. Xoán III de Suecia (20 de decembro de 1537 – 17 de novembro de 1592), casado primeiro coa princesa Catarina de Polonia; con descendencia. Casado despois con Gunilla Bielke; con descendencia.
  2. Catarina de Suecia (6 de xuño de 1539 – 21 de decembro de 1610), casada co conde Edgar II da Frisia Oriental; con descendencia.
  3. Icía de Suecia (16 de novembro de 1540 – 27 de xaneiro de 1627), casada con Cristovo II de Baden-Rodemachern; con descendencia.
  4. Magno, duque de Östergötland (15 de xullo de 1542 – 26 de xuño de 1595), tiña un trastorno mental que fixo que fose coñecido como o "duque tolo"; morreu solteiro e sen descendencia.
  5. Carlos de Suecia (nado e finado en 1544).
  6. Ana María de Suecia (19 de xuño de 1545 - 20 de marzo de 1610), casada co conde palatino Xoán I de Veldenz; con descendencia.
  7. Estevo de Suecia (1546–1547)
  8. Sofía da Suecia (29 de outubro de 1547 – 17 de marzo de 1611), casada co duque Magno II de Saxe-Lauemburgo; con descendencia.
  9. Sabela da Suecia (5 de abril de 1549 - 20 de novembro de 1597), casada co duque Cristovo de Mecklenburg-Gadebusch; sen descendencia.
  10. Carlos IX de Suecia (4 de outubro de 1550 – 30 de outubro de 1611), casado primeiro coa condesa María do Palatinado-Simmern; con descendencia. Casado despois coa duquesa Cristina de Holstein-Gottorp; con descendencia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ernby, Birgitta; Martin Gellerstam, Sven-Göran Malmgren, Per Axelsson, Thomas Fehrm (2001). "Margareta Lejonhufvud". Norstedts första svenska ordbok (en sueco). Estocolmo: Norstedts ordbok. p. 793. ISBN 91-7227-186-8.