Marea Atlántica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 13 de maio de 2015 ás 07:43 por Charicaric (conversa | contribucións)
Marea Atlántica
Iniciativa cidadá
Dirixentes e organización
LíderXulio Ferreiro
Historia
Fundación22 de xullo de 2014
Posicións políticas
IdeoloxíaDemocracia Participativa
Outros datos
Na rede
mareatlantica.org
Facebook: mareAtlantica Twitter: mareatlantica Youtube: UCale4zyfvMInpQid4aSgRlw Editar o valor em Wikidata

Marea Atlántica é un movemento cidadán e político creado na cidade da Coruña cuxo obxectivo é construír unha proposta política de converxencia de cara ás eleccións municipais de maio de 2015. A súa presentación formal como movemento celebrouse o 22 de xullo de 2014.[1] O 26 de setembro, o seu manifesto conseguiu 2.500 sinaturas, unha condición que se marcara o proceso para continuar adiante e conformar unha candidatura unitaria.[2]

O profesor de dereito da Universidade da Coruña, Xulio Ferreiro, será o candidato da Marea Atlántico nas eleccións municipais de maio de 2015[3]. No movemento participan diversos partidos políticos, como Esquerda Unida, Anova, Compromiso por Galicia, Podemos ou Equo.[4]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas