Mar Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mar Sánchez
Nacemento1969
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Navarra
Ocupaciónxornalista e política
editar datos en Wikidata ]

Mar Sánchez Sierra, nada na Coruña en 1969,[1] é unha xornalista e política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Navarra. Nos anos 90 entrou no gabinete de comunicación da Consellería de Sanidade. Marchou ao Ministerio de Sanidade en 1996 con José Manuel Romay Beccaría.

En 2000 asumiu a dirección de comunicación de Correos cando Alberto Núñez Feijóo foi nomeado presidente. Despois foi directora de comunicación na Consellería de Política Territorial, na executiva do PPdeG e na Xunta de Galicia, primeiro como directora xeral e dende 2013 como secretaria xeral de Medios.[1]

Dende o 14 de marzo de 2013, é vicepresidenta de Retegal.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "María del Mar Sánchez Sierra". transparencia.xunta.gal. Consultado o 19-5-2019. 
  2. "María del Mar Sánchez Sierra Vicepresidenta de Retegal, empresa acusada de falta de transparencia y adjudicaciones a "dedo"". xornalgalicia.com (en castelán). 12-2-2019. Consultado o 19-5-2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]