Anxo Lugilde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Anxo Lugilde
Anxo Lugilde-Praza.jpg
Nacemento1970
Lugar de nacementoLugo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade do País Vasco
Ocupaciónxornalista e escritor
Na rede
Twitter: anxoluxilde Dialnet: 3344534 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Anxo Lugilde Pardo, nado en Lugo en 1970, é un xornalista galego aínda que criado en Barcelona.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos cinco meses de vida trasladouse coa familia a Barcelona. En 1982 regresou a Lugo, e seis anos máis tarde, en 1988, marchou estudar a Bilbao. Obtivo a licenciatura en Ciencias da Información pola Universidade do País Vasco e tamén a de Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Máis tarde, xa en 2010 e nesa mesma universidade, acadaría o título de Doutor en Historia Contemporánea,[2] cunha tese sobre a participación política dos emigrantes galegos.[3][4]

Como xornalista comezou a traballar en La Voz de Galicia en Lugo en 1990, e continuou posteriormente na delegación de Ferrol[5]. En 1998 pasou á central do xornal na Coruña, onde a partir do ano 2000, se seguindo a dirección de Bieito Rubido, se dedicou a facer cobertura da actividade política en Galicia.

Alterna o seu traballo como correspondente do diario catalán La Vanguardia para Galiza e Portugal dende o ano 2005[1] (actualmente no seu blog Sen cancelas[6]) con colaboracións en El Progreso de Lugo, Diario de Pontevedra e desde maio de 2018 coa sección fixa dominical Planeta Galicia en Praza.gal,[7] con artigos de análise política.

A súa faceta de analista político levouno durante parte de 2015 a percorrer o país presentando o seu último libro De Beiras a Podemos. A política galega nos tempos da troika.[8]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En 1988 diagnostícanlle depresión, enfermidade que fixo pública en 2019. Reside en Santiago de Compostela.

A súa compañeira é a tamén xornalista Xema Aguiar[5].

Obra[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]