María del Valle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María del Valle
Nacemento1888
Lugar de nacementoOurense
Falecemento29 de outubro de 1937
Lugar de falecementoMosteiro de Ribeira
NacionalidadeEspaña
FillosManuel Gómez del Valle
editar datos en Wikidata ]

María del Valle Lozano, coñecida como María de Beiro, nada en Ourense en 1888 e finada en Mosteiro de Ribeira (Xinzo de Limia) o 29 de outubro de 1937, foi unha política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nai de Manuel Gómez del Valle, colaboradora de obras benéficas e relixiosas, estaba afiliada ao PCE. Foi detida en 1937 por ter pedido a conmutación da pena capital para o seu fillo. Internada no cárcere de Celanova de onde foi sacada para ser asasinada en Mosteiro de Ribeira o 29 de outubro de 1937 canda Salud Torres Díaz. Destrozárolle o cerebro ao ser fusilada. O seu cadáver foi atopado en Lomba de Lamas e trasladado ao cemiterio nun carro polos veciños.[1] En xullo de 2019 iniciouse a recuperación dos seus restos pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH).[2]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Antón Tovar dedicou o conto “A grande ilusión" a Manuel Gómez del Valle e á súa nai María.
  • Claudio Rodríguez Fer escribu o poema “O terror en carro de vacas” que rememora os asasinatos de María e Salud.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]