Saltar ao contido

María Zamora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Zamora
Biografía
Nacemento1976 Editar o valor em Wikidata (47/48 anos)
Valencia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Valencia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprodutora Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm1439846 Editar o valor em Wikidata

María Zamora, nada en Valencia en 1976, é unha produtora de cine española. Socia fundadora da produtora de cine independente Avalon PC (2007-2021), que abandonou para crear Elástica Films (2021) xunto aoseu marido Enrique Costas.[1] En 2022, foi a primeira muller produtora española en gañar o Oso de Ouro no Festival Internacional de Cine de Berlín, por Alcarrás. Logrou o Premio Nacional de Cinematografía 2024.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Administración e Dirección de Empresas e un Mestrado en Xestión de Produción Audiovisual na Universidade de Valencia. En 2000, empezou a como axudante de produción en programas de Canal 9 e exerceu o mesmo labor na Mostra de Valencia. En 2001 trasladouse a Madrid e empregouse en Avalon Productions, como Axudante de produción, Directora de produción ou Produtora Asociada. En maio de 2007, pasou a ser socia fundadora de Avalon PC onde exerceu como Produtora Executiva.

Produce a súa primeira curtametraxe en 2004, Física II, de Daniel Sánchez Arévalo e seguiu cos doutros de directores como David Planell (Ponys), Beatriz Sanchís (La clase, La otra mitad) ou Carla Simón (Después también) dos que logo produciu a súa primeira longametraxe. É o caso La verguenza (Planell, 2009), Todos están muertos (Sanchís, 2014) e Estiu 1993 (Simón 2017), que foi a seleccionada como representante de España na 90ª edición dos Premios Óscar na categoría Mellor película de fala non inglesa. Tamén foi produtora executiva das películas, La mujer sin piano (Javier Rebollo, 2009), María (y los demás) (Nely Reguera, 2016), Libertad (Clara Roquet, 2021), e os documentais Apuntes para una película de atracos (Elías León Siminiani, 2018) e My Mexican Bretzel (Nuria Giménez Lorang, 2019).[4][5][6]

En 2021 abandonou Avalon PC e fundou Elástica Films, xunto a Enrique Costa, distribuidor e socio fundador de Avalon D.A. Seguiu producindo cine independente, especialmente de directoras mulleres, e óperas primas. Coa súa primeira película con esta produtora, Alcarràs (2022), María gañou o Oso de Ouro no Festival Internacional de Cine de Berlín 2022. Produciu O corno (2023), de Jaione Camborda, Concha de Ouro á Mellor película do Festival Internacional de Cine de San Sebastián en 2023. Tamén Creatura, de Elena Martín Gimeno (2023), con catro nomeamentos aos Goya, e Matria (2023), a ópera prima de Álvaro Gago, con dous nomeamentos.[2][7][8][9]

En 2022 anunciou o seu interese por producir series de televisión coa adaptación de Esa maldita pared, escrita por Flako, o protagonista de Apuntes para un película de atracos, na que participaron Isaki Lacuesta, Isa Campo e Raúl Arévalo. Ademais adaptou a TV a novela de Manuel Jabois, Miss Marte.[10]

En 2024, leva a preproducción de Polvo serás (Carlos Marques-Marcet), Romería, de Carla Simón, Las madres no, de Mar Coll e Hildegart, de Paula Ortiz, La mitad de Ana, o debut na dirección de longametraxes de Marta Nieto, da que produciu a súa primeira curta, Son (2022).[11]

Ese ano logrou o Premio Nacional de Cinematografía 2024, outorgado polo Ministerio de Cultura, por “o seu apoio ao cine independente e arriscado (..) Fortaleceu a presenza do cine independente español no mercado internacional, incidindo en miradas sensibles e diversas”. O presidente do xurado foi Ignasi Camós Vitoria (director xeral do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA)), o vicepresidente Camilo Vázquez Bello (subdirector xeral de Promoción e Relacións Internacionais do ICAA). Os vogais foron Juan Vicente Córdoba Navalpotro (pola Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España), Josep Gatell Castro (por Autores Literarios de Medios Audiovisuais), Daniel Grao Valle (Unión de Actores e Actrices), Paula Palacios Castaño (Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA)), Desiré de Fez Martín, Susana Herreras Casado e Ariadna Cortés Prió (ICAA), e Carla Simón Pipo, galardoada na convocatoria anterior.[12]

María Zamora é membro da European Filme Academy (EFA, Academia de Cine Europea), da xunta directiva de AECINE (Asociación de produtoras de Cine Independente) e licenciada e coordinadora nacional en EAVE (European Audiovisual Entrepreneurs). Foi Presidenta dos xurado Horizontes Latinos en Festival San Sebastián 2021 e membro do xurado da Semana da Crítica do Festival Internacional de Cine de Cannes de 2022.[13][14]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Curtas[editar | editar a fonte]

  • 2004: Física II (Daniel Sánchez Arévalo)
  • 2005: Las mantenidas sin sueños (Martín De Salvo, Vera Fogwill)
  • 2005: Ponys (David Planell).
  • 2005: Una cierta idea de felicidad (Javier Asenjo)
  • 2006; Botellón (Tomás Silberman)
  • 2006: Banal (David Planell).
  • 2007: Subir y bajar (David Planell).
  • 2008 La clase (Beatríz Sanchís)
  • 2009: Pichis (Marta Aledo)
  • 2010: Mi otra mitad (Beatriz Sanchís)
  • 2010: Qué divertido ( Natalia Mateo)
  • 2012. Despierta a las moscas (Nacho Ruiz Capillas)
  • 2012 Ojos que no ven (Natalia Mateo)
  • 2016: La invitación (Susana Casares)
  • 2017: Vuelta al mundo (Leticia Dolera)
  • 2019: Después también (Carla Simón)
  • 2020: Correspondencia (Carla Simón y Dominga Sotomayor)
  • 2022: Carta a mi madre para mi hijo (Carla Simón)
  • 2022: Son (Marta Nieto)

Longametraxes[editar | editar a fonte]

  • 2008: Acné (Federico Veiroj)
  • 2009: La vergüenza (David Planell)
  • 2009: La mujer sin piano (Javier Rebollo)
  • 2010: Un lugar lejano (Joseph Novoa)
  • 2011: La cara oculta (Andrés Baiz)
  • 2012: Mapa (Elías León Siminiani)
  • 2014: Todos están muertos (Beatriz Sanchís)
  • 2016: María y los demás (Nely Regueira)
  • 2017: Verano 1993 (Carla Simón)
  • 2017: Amar (Esteban Crespo y Mario Fernández Alonso)
  • 2018: Apuntes para una película de atracos (Documental, Elías León Siminiani)
  • 2019: Los días que vendrán (Carlos Marques-Marcet)
  • 2019: My Mexican Bretzel (Dodumental, Nuria Giménez Lorang)
  • 2021: Libertad (Clara Roquet y Eduard Sola)
  • 2022: Qué hicimos mal (Liliana Torres)
  • 2023: Matria (Álvaro Gago)
  • 2023: Creatura (Elena Martín)
  • 2023: O corno (Jaione Camborda)

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 2017: Premio ProduccionAudiovisual.com Mellor Produtora de Cine, por Verano 1993[15].
  • 2022: Oso de Ouro no Festival Internacional de Berlín, por Alcarrás, dirixida por Carla Simón.[2]
  • 2024. Premio Campari Muller do Ano nas Fotogramas de Prata.[16]
  • 2024: Premio Nacional de Cinematografía 2024, outorgado polo Ministerio de Cultura.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Belinchón, Gregorio (3 de xuño de 2024). "María Zamora, productora de ‘Alcarràs’ y ‘O corno’, galardonada con el Premio Nacional de Cinematografía". elpais.com (en castelán). Consultado o 7 de xuño de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Velasco, Carmen (2022-09-13). "Premio Oscar Valencia | María Zamora, la valenciana que puede ganar un Oscar por 'Alcarràs'" (en castelán). Consultado o 2024-02-28. 
  3. 3,0 3,1 "La productora María Zamora, premio Nacional de Cine 2024" (en castelán). 2024-06-03. Consultado o 2024-06-03. 
  4. "María Zamora" (en castelán). 2013-04-24. Consultado o 2024-03-02. 
  5. Ortiz, Guillermo (2023-01-21). "María Zamora: «Cuando llegas a cargos de poder hay un techo de cristal. Ese techo existe: existe en cine y existe en los demás campos» - Jot Down Cultural Magazine" (en castelán). Consultado o 2024-03-01. 
  6. Press, Europa (2017-08-17). "María Zamora, productora de Verano 1993: "El boca a boca ha funcionado"". Consultado o 2024-03-01. 
  7. Ramírez, Noelia (2022-06-30). "María Zamora: “No conozco a ningún director de cine independiente que viva solo de esto”" (en castelán). Consultado o 2024-03-02. 
  8. HOY, TUDELA (2023-02-24). "María Zamora: “Al recoger el Oso de Oro en Berlín pensé, vamos a poder hacer unas cuantas películas más”" (en castelán). Consultado o 2024-03-02. 
  9. Zurro, Javier (2022-02-18). "María Zamora, la descubridora de Carla Simón y toda una nueva generación de directoras" (en castelán). Consultado o 2024-03-02. 
  10. Velasco, Carmen (2022-05-27). "De 'Alcarràs' a 'Miss Marte', la productora María Zamora lleva a la pantalla la novela de Manuel Jabois" (en castelán). Consultado o 2024-02-29. 
  11. Nast, Condé (2024-02-04). "María Zamora: “En mi carrera hay una clara tendencia a apoyar cine firmado por mujeres desde hace bastante tiempo. Es algo que decidí hace casi diez años”" (en castelán). Consultado o 2024-03-02. 
  12. Diario, Nós (2024-06-03). "María Zamora, produtora de 'O Corno', Premio Nacional de Cinematografía 2024". Nós Diario. Consultado o 2024-06-03. 
  13. "Festival de San Sebastián" (en castelán). Consultado o 2024-02-29. 
  14. "María Zamora" (en castelán). Consultado o 2024-03-02. 
  15. cima (2018-01-06). "María Zamora, Mejor Productora de Cine en los Premios ProduccionAudiovisual.com 2017" (en castelán). Consultado o 2024-03-02. 
  16. "La productora María Zamora, Premio Campari Mujer del Año en los Fotogramas de Plata 2023" (en castelán). 2024-02-26. Consultado o 2024-02-28.