Saltar ao contido

María Xosé Lamas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Xosé Lamas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1961 Editar o valor en Wikidata (62/63 anos)
Vilalba, España Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalMaxisterio, Filosofía e Ciencias da Educación
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía
Premios

BNE: XX1554537 AELG: 274 BUSC: lamas-maria-xose-1961

María Xosé Lamas, nada en Vilalba en 1961, é unha escritora galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Diplomada en Profesorado de Primaria, Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación, Posgrao en Educación Musical, Grao Elemental en piano do Conservatorio Profesional Municipal de Vilalba no que continúa estudos de Grao Medio, é profesora de Educación Musical no CEIP M. Mato Vizoso de Vilalba

Dende 1979 participa no ámbito do teatro afeccionado, como actriz en diversas producións, como autora de máis dunha vintena de obras, a maioría estreadas, así como realizando traducións e adaptacións; e dirixindo diversas compañías: Grupo de teatro da A.C. Monseivane, Centro Dramático Vilalbés e Escola de Teatro do CDV (dende 1999). Así mesmo, leva a cabo diversas actividades no eido da pedagoxía teatral, a cargo de programas de teatro escolar con alumnado de educación infantil, primaria e secundaria.

  • Catro palabras caladas, 2001, edición da autora.
  • Cartafol de nostalxias, 2002.
  • Ao norte do camiño, 2004, Caderno de Estudos Chairegos.
  • Datando lembranzas, 2004, Fundación Manuel María.
  • Con Fausto, por este río acima, 2010, Instituto de Estudios Chairegos.
  • Sonetos preposicionais, 2017, Alvarellos.

Literatura infanto-xuvenil

[editar | editar a fonte]
  • Cantigas para aprender a soñar, 2016, Embora.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Accésit no Certame Literario do Concello de Vilalba no 2002, polo poemario Cartafol de nostalxias.
  • Premio de poesía no Certame Literario do Concello de Vilalba en 2003, por Tempos verbais.
  • Premio Arume de poesía para nenos no 2013, por Cantigas para aprender a soñar.
  • Segundo premio do XLII Certame Literario do Concello de Vilalba no 2016, por Sonetos preposicionais.