Saltar ao contido

Instituto Galego de Física de Altas Enerxías

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Instituto Galego de Física de Altas Enerxías
 Instancia de
Implicados
Organizacións
 Matriz
Datas
 Fundación / creación
27 de maio de 1999 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) é un centro de investigación dependente da Universidade de Santiago de Compostela e da Xunta de Galicia[1].

Obxectivos

[editar | editar a fonte]

Foi creado o 2 de xullo de 1999, seguindo a liña de aumento de actividade no campo de Física de Altas Enerxías da USC. Os seus obxectivos estratéxicos foron definidos como axente activo na planificación das grandes infraestruturas científicas no campo da Física de Altas Enerxías, Astropartículas, Nuclear e áreas relacionadas, e promover o tecido empresarial en relación á súa construción e mantemento.[2]

Actividades

[editar | editar a fonte]

Varios membros do IGFAE están entre os fundadores do LHCb, experimento dentro do Gran Colisionador de Hadróns (LHC, polas siglas en inglés) do CERN. O centro tamén participa no Observatorio Pierre Auger, situado na Arxentina, para a detección e estudo de raios cósmicos. En 2018, persoal do IGFAE incorporouse á colaboración LIGO para a detección e estudo das ondas gravitacionais.[3]

No apartado de difusión, organiza periodicamente actividades tanto de difusión nos centros como de colaboración don outras entidades ou competicións de difusión científica.[4]

A súa investigación está dividida en tres grandes áreas: O Modelo Estándar até os límites, Partículas cósmicas e física fundamental e Física nuclear desde o laboratorio para mellorar a saúde das persoas.[5]

Organización

[editar | editar a fonte]

O director actual é Carlos Alberto Salgado López.[6]

Premios, distincións e recoñecementos

[editar | editar a fonte]

No 2011 o grupo encabezado por Carlos Salgado, consegue unha Starting Grant para o proxecto 'Hot and dense QCD in the LHC era', para o estudo dos estados da materia a moi alta temperatura, con quarks e gluóns liberados até distancias equiparables ó tamaño do núcleo atómico.[7][8]

No ano 2015, o investigador Diego Martínez Santos acadou outra Starting Grant, neste caso para o proxecto "Challenging the Standard Model using an extended Physics program in LHCb".[9]

En xullo de 2017 o IGFAE foi acreditado como Unidade de Excelencia 'María de Maeztu' do sistema Español de Ciencia, tecnoloxía e Innovación (SECTI).

Publicación con participación de xente do IGFAE
Publicación con participación de xente do IGFAE

No 2019, Carlos Salgado consegue un Advanced Grant, como investigador principal do proxecto ‘Yoctosecond imaging of QCD collectivity using jet observables’ (YoctoLHC), na que tamén participan o Laboratório de Instrumentação e Física Experimental de Partículas de Lisboa (LIP) e da Universidade de Jyväskylä en Finlandia.[10]

En marzo de 2024, o Instituto acadou por segunda vez a acreditación como Unidade de Excelencia 'María de Maeztu', outorgada pola Axencia Estatal de Investigación[11]. O Instituto tamén forma parte da rede de centros CIGUS da Xunta de Galicia[12], que acredita a calidade e impacto da súa investigación.

En novembro de 2025, o investigador Jaime Álvarez-Muñiz acadou unha Synergy Grant, como un dos catro investigadores principais do proxecto HERON (Hybrid Elevated Radio Observatory for Neutrinos)[13].

O persoal do IGFAE tamén figura nos premios Breakthrough de Física Fundamental, coñecidos como os 'Oscar da Ciencia': recibírono no ano 2017[14], como parte da colaboración LIGO, grazas á histórica detección das ondas gravitacionais; e en 2025, como parte do CERN[15].

  1. "Decreto do DOG nº 135 do 15/07/1999 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2019-01-25. 
  2. Caamaño, M; Chobanova, V.; Cid Vidal, X.; Edelstein, J. (Outubro-decembro 2018). "Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE)". Revista Española de Física 32 (4): 50–56. ISSN 0213-862X. 
  3. "IGFAE joins LIGO Collaboration – IGFAE" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-25. 
  4. "Science Week, 12-16 November 2018 – IGFAE" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-27. 
  5. "Research – IGFAE" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2019. Consultado o 2019-03-28. 
  6. "Organization – IGFAE" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-25. 
  7. Manuel (2011-06-29). "Investigador de la USC obtiene una Starting Grant de la UE para interpretar datos novedosos del LHC". Physics and Science (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2019. Consultado o 2019-03-28. 
  8. Manuel (2011-06-15). "Europa otorga una prestigiosa distinción a un físico de la USC". Physics and Science (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2019. Consultado o 2019-03-28. 
  9. "Challenging the Standard Model using an extended Physics program in LHCb | BSMFLEET Project | Fact Sheet | H2020". CORDIS | European Commission (en inglés). Consultado o 2024-03-14. 
  10. Redacción (2019-03-28). "O físico Carlos Salgado da USC gaña unha Advanced Grant de 2,5 millóns". GCiencia. Consultado o 2019-03-28. 
  11. "O IGFAE, acreditado como Unidade de Excelencia María de Maeztu". IGFAE. 2024-03-22. Consultado o 2024-03-26. 
  12. "Red CIGUS". Cigus. Consultado o 2025-06-13. 
  13. "Javier Montenegro do CiQUS e Jaime Álvarez-Muñiz do IGFAE acadan cadansúa bolsa Synergy Grant do European Research Council". 6 de novembro de 2025. Consultado o 13 de novembro de 2025. 
  14. "Breakthrough Prize – Special Breakthrough Prize In Fundamental Physics Awarded For Detection Of Gravitational Waves 100 Years After Albert Einstein Predicted Their Existence". breakthroughprize.org (en inglés). Consultado o 2025-06-13. 
  15. "Breakthrough Prize – Fundamental Physics Breakthrough Prize – Laureates". breakthroughprize.org (en inglés). Consultado o 2025-06-13.