María Salvo Iborra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María Salvo Iborra
Maria Salvo.jpg
Nome completoMaría Salvo Iborra
Nacemento27 de maio de 1920
Lugar de nacementoSabadell
Falecemento16 de novembro de 2020
Lugar de falecementoBarcelona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista, política e activista
PremiosBarcelona Medal of Honor, Creu de Sant Jordi e honorary doctor of the University Polytechnic of Catalonia
editar datos en Wikidata ]

María Salvo Iborra, nada en Sabadell o 27 de maio de 1920 e finada en Barcelona o 16 de novembro de 2020,[1] foi unha activista antifranquista española, vítima da represión durante a ditadura franquista.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla dun carpinteiro ebanista que participou no movemento obreiro sen militar en ningún partido político nin sindicato. A súa nai era ama de casa, católica practicante e analfabeta. Cando tiña sete anos a súa familia trasladouse ao barrio de Les Corts de Barcelona. Aos trece abandonu a escola e traballou de porteira no edificio no que vivían. Posteriormente traballou de costureira e pranchadora. En 1935 comezou a frecuentar os centros culturais de Esquerra Republicana, pero influenciada pola moza do seu irmán maior ingresou nas Juventudes Socialistas Unificadas de Cataluña (JSUC).[3][4]

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 afiliouse á Unión General de Trabajadores e traballou nun taller de roupa colectivizado pola CNT e a UGT.[3] En 1938 fíxose cargo da secretaría de Propaganda do comité de Barcelona das Juventudes Socialistas Unificadas de Cataluña. O 26 de xaneiro de 1939 marchou ao exilio en Francia, onde foi internada nos campos de concentración de Le Pouliguen e Moisdon-la-Rivière. Formou parte dos grupos de españois aos que as autoridades francesas obrigaron a regresar a España.[4]

Traballou na clandestinidade para o Partido Comunista de España sendo coñecida como Alba e Cionín. Viaxou a Galicia onde contactou con Eladio Rodríguez a través de Jacinto Nogueira. Trala caída de Eleuterio Lobo Martín foi detida en Madrid o 9 de setembro de 1941 xunto con Consuelo Alonso, Perpetua Rejas e Antonia Benito, ingresando na Prisión de Les Corts (prisión provincial de Barcelona). Tres anos despois celebrouse o xuízo en Alcalá de Henares ante un tribunal militar, que a condenou a trinta anos de prisión por conspiración contra a seguridade interior do Estado,[5] iniciando un periplo de prisións por España comezando por Torrero (Zaragoza), prisión de Ventas (Madrid) e prisión provincial de Segovia, entre outras. Foi posta en liberdade, con pena de desterro da provincia de Barcelona e destino en Santander, dezaséis anos despois.[4][6]

Membro na clandestinidade do Partido Socialista Unificado de Cataluña, conseguiu regresar a Barcelona burlando o desterro. Desde a transición presidiu a Associació Catalana d'Expresos Polítics e cofundó a asociación Les Dones del 36.

O historiador Ricard Vinyes escribiu o libro El daño y la memoria. Las prisiones de María Salvo (ISBN 84-01-53070-9).[5]

Reconoñecmentos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Agencia EFE (17 de novembro de 2020). "Fallece la luchadora antifranquista María Salvo a los 100 años". =El Confidencial (Madrid). Consultado o 17 de novembro de 2020. 
  2. presodelescorts.org/ (ed.). "María Salvo Iborra" (PDF). Consultado o 18 de decembro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 Bengoechea, Soledad (2013). Les dones del PSUC (en catalán) (Dispoñible en versión O modelo {{PDF}} debe ter un argumento. PDF ed.). Barcelona: Els arbres de Fahrenheit. p. 103.  Carácter borrado en |edición= na posición 94 (Axuda)
  4. 4,0 4,1 4,2 "Maria Salvo, ex-presa política del franquismo: «La lucha no se acaba nunca»". =Revista Universitat de Barcelona. 20 de novembro de 2015. 
  5. 5,0 5,1 "Ricard Vinyes reconstruye la biografía de la antifranquista María Salvo". El País. 2 de novembro de 2004. Consultado o 18 de decembro de 2013. 
  6. S. Barbarroja, Cristina (11 de novembro de 2015). "María Salvo, la última Dona del 36". =Público. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fernández Rodríguez, Carlos (2020). Los otros camaradas: El PCE en los orígenes del franquismo (1939-1945) (en castelán). Zaragoza: Prensas Universitarias de Zaragoza. pp. 339–351. ISBN 9788417873707. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]