María Rozas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Rozas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1981 Editar o valor em Wikidata (42/43 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , politicóloga Editar o valor em Wikidata

María Rozas Pérez, nada en Santiago de Compostela en 1981, é unha política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Ciencias Políticas e da Administración na Universidade de Santiago de Compostela, con mestrado de Estratexias, Axentes e Políticas de Cooperación ao Desenvolvemento polo Instituto HEGOA da Universidade do País Vasco, e traballou como consultora de xestión económica e patrimonial para o sector público nunha empresa de TIC.

Foi voluntaria en varias ONGD e participante no movemento feminista. Militante de Esquerda Unida, en febreiro de 2015 gañou as primarias locais para elixir o candidato desa formación á alcaldía de Santiago[1], mais nas eleccións municipais dese ano, seguindo un acordo da súa formación, presentouse na candidatura de Compostela Aberta como número 2 e logrou acta de concelleira. Pasou a ser Primeira Tenente de Alcalde e asumiu a concellería de economía, facenda e administración, sendo responsable dos orzamentos participativos. Exerceu a alcaldía en xuño de 2018 durante a baixa de paternidade de Martiño Noriega.[2]

Nas eleccións municipais de 2019 non saíu elixida ao ir no posto 6 e lograr a súa formación cinco concelleiros; así e todo, volveu ao concello trala renuncia á súa acta de Martiño Noriega. En xullo de 2021 formou parte da candidatura alternativa, considerada afín a Yolanda Díaz[3], á dirección de Esquerda Unida de Eva Solla.

En outubro de 2022 asumiu a portavocía do grupo municipal de Compostela Aberta trala renuncia de Marta Lois, sendo elixida ademais como candidata á alcaldía de Santiago de Compostela para as eleccións municipais de 2023[4]. En dita convocatoria electoral a súa formación pasou de 5 a 2 concelleiros, pasando a sela cuarta forza política. Aínda así consigueu volver ao goberno tras chegar a un pacto de goberno co BNG de Goretti Sanmartín. Desta forma pasou a ser Primeira Tenente de Alcaldesa e Concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude.

Notas[editar | editar a fonte]