Saltar ao contido

María Pita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 8 de setembro de 2008 ás 19:54 por AlleborgoBot (conversa | contribucións) (bot Engadido: en:Maria Pita)
Estatua de María Pita na praza da Coruña do mismo nome

Mayor Fernández de la Cámara Pita (A Coruña c. 1560 - † Cambre 1643). Coñecida popularmente como María Pita, foi unha heroína coruñesa na defensa da Coruña do ataque inglés do ano 1589.

Vida

Memorial de 1596 no que María Pita solicita ao Rei compensacións polos servizos prestados no cerco dos ingleses. Arquivo Xeral de Simancas. Cámara de Castela. Atado 772

Naceu arredor do ano 1560 no seo dunha familia modesta.

No ano 1581 contraeu matrimonio co carniceiro Xoán de Rois que morreu no ano 1585, ao que lle seguirían outros tres esponsais máis: co tamén carniceiro Gregorio de Rocamonde, que morreu no ano 1589 durante o cerco inglés, co mestre de navío andaluz Sancho de Arratia no ano 1590 e morreu no ano 1592 e co escudeiro da Real Audiencia Gil Bermúdez de Figueroa, que morreu no ano 1613, cos que tivo un total de catro fillos: María Alonso de Rois, Francisca de Arratia (1590), Juán Bermúdez de Figueroa e Francisco Bermúdez de Figueroa (1602).

Á marxe da súa intervención no cerco, a súa vida estivo chea de vicisitudes, entre as que figuran numerosos preitos, no Arquivo do Reino de Galicia consérvanse ata vinte de diferentes contidos: débedas e apropiación de bens e tamén querelas criminais por insultos e agresións, e dúas viaxes á Corte de Madrid, por causa deles, xa que fora condenada ao desterro polo que fixo a súa primeira viaxe no ano 1596 para solicitar a recompensa polos seus servizos durante o cerco inglés. A segunda viaxe no ano 1606 tivo por obxecto confirmar anteriores mercedes (outorgáralle, por exemplo, unha praza de soldado no presidio coruñés, licenza para exportar mulas a Portugal, a exención da obriga de aloxamento de soldados na súa casa e unha gratificación económica) e tratar de obter novas concesións reais. No ano 1616 viuse afectada por un incendio na Cidade Vella da Coruña.

Partida de defunción de María Pita de 21 de febreiro de 1643, Arquivo Histórico Diocesano. Fondo Parroquial Santiago de Sirgas. Libros Sacramentais nº 1

Faleceu en Cambre en 1643 e, aínda que no seu testamento solicitaba ser enterrada no convento de Santo Domingo da Coruña, non se conserva ningún documento que o acredite nin se puido identificar a súa tumba.

Conmemórase a súa memoria coa praza do concello na Coruña e unha estatua cunha chama sempre acesa.

O ataque de Francis Drake

É moi coñecida debido á súa defensa da Coruña do ataque dunha gran flota inglesa dirixida por Francis Drake o 4 de maio do ano 1589 en resposta á Grande Armada que o ano anterior tentara a invasión de Inglaterra.

Os invasores atacaron a cidade cunhas exiguas defensas, xa que dispuñan dunha escasa guarnición na defensa das murallas medievais, existindo polo tanto gran desproporción entre as forzas dos dous contendentes.

Segundo a crónica da época a actuación de María Pita fixo retroceder unha compañia inimiga, que recuou ao ver que o seu abandeirado fora morto por unha muller cando estaban a piques de traspasar as murallas.

Véxase tamén