Saltar ao contido

Pilar Fernández Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «María Pilar Fernández Otero»)
Modelo:BiografíaPilar Fernández Otero

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Pilar Fernández Otero Editar o valor en Wikidata
1937 Editar o valor en Wikidata (86/87 anos)
A Bandeira, España Editar o valor en Wikidata
Catedrático de universidade
1970 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
EmpregadorUniversidade de Navarra
Universidade de Barcelona
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX925253 Dialnet: 2304589

María Pilar Fernández Otero, nada no ano 1937 na Bandeira (Silleda), é unha investigadora galega e catedrática emérita de Fisioloxía.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Realizou a licenciatura en Farmacia pola Universidade de Santiago (USC). En 1961, grazas a unha bolsa do CSIC, comezou a investigar no campo da bioloxía, e após conseguir o doutoramento en 1963 pola mesma universidade, fixo dúas estancias posdoutorais de investigación no Reino Unido.

Na Universidade de Oxford, realizou diversas investigacións sobre a permeabilidade de membranas biolóxicas, co profesor H. Parsons; e no Departamento de Bioloxía da Universidade de Sheffield, con H. Smiyth.[1]

En 1965 foi nomeada profesora adxunta de Fisioloxía na Facultade de Farmacia da USC onde exerceu até 1968, ano en que marchou para a Universidade de Barcelona.[2] Dous anos máis tarde, en 1970, volveu á USC como catedrática de Fisioloxía.[2] En 1985, incorporouse á Universidade de Navarra, onde exerceu a docencia como especialista en Fisioloxía. Nesta universidade foi decana da Facultade de Farmacia (1986-1994)[3] e vicerreitora de investigación (1993-2005). As súas liñas de investigación concrétanse na absorción de azucres e aminoácidos: permeabilidade pasiva e procesos de transporte; interaccións fármaco-nutrientes; pesticidas; e nutrición e obesidade: xenética e bioloxía molecular.[1]

Asociacións ás que pertence

[editar | editar a fonte]

É membro das seguintes asociacións:[4]

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Premio Doctor Graiño (Real Academia de Farmacia)[1]
  • Medalla de Ouro (Universidade de Navarra, 2008)[3]
  1. 1,0 1,1 1,2 AA.VV. (2002). "Biomedicina: Mª Pilar Fernández Otero". Nosotras, biocientíficas españolas (Madrid: L'Oreal División de Productos Profesionales): 91. ISBN 84-607-5579-7. 
  2. 2,0 2,1 Arias, Beatriz Brasa (2011). "La Facultad de Farmacia de Santiago de Compostela (1900-1971)" (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. 
  3. 3,0 3,1 Redacción (2 de setembro de 2008). "La Universidad de Navarra otorga su Medalla de Oro a María Pilar Fernández, natural de Bandeira". La Voz de Galicia (A Coruña). Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  4. "Una científica de la UNAV ingresa en la Academia de Farmacia de Galicia". Universia (Madrid). 12 de outubro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  5. Ocampo, E. (27 de febreiro de 2014). "Dos mujeres entran en la Academia Galega de Ciencias, las primeras desde 1978". La Opinión (A Coruña). Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  6. "Académicos Correspondientes". 12 de setembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2017. Consultado o 15 de marzo de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]