Marica Adrio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «María Margarita Adrio Taracido»)
Infotaula de personaMarica Adrio
Biografía
Nacemento(es) María Margarita Peregrina Adrio Taracido Editar o valor em Wikidata
1956 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Senadora de España
Concelleiro de Pontevedra
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogada , política Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
Fillosdous
PaiGonzalo Adrio Barreiro Editar o valor em Wikidata

María Margarita Peregrina Adrio Taracido, nada na Coruña en 1956,[1] e veciña de Pontevedra, é unha avogada e política galega do PSdeG-PSOE.

Papeleta da circunscrición electoral de Pontevedra para o Senado nas Eleccións xerais de abril de 2019.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Gonzalo Adrio, avogado, e Aurora Taracido, farmacéutica, e neta de Arturo Taracido, político de esquerdas represaliado durante o franquismo, María Margarita é avogada especialista en Dereito de familia. Formou parte do Servizo de Orientación e Asistencia Xurídica Penitenciaria do Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra e é membro dunha ONG que presta axuda a reclusos.[2]

A proposta de Roberto Taboada Rivadulla, foi concelleira do Concello de Pontevedra tralas Eleccións municipais de 1991. Nas Eleccións xerais de España de abril de 2019 foi escollida senadora do Senado de España pola Provincia de Pontevedra.[1] Repite candidatura nas Eleccións xerais de novembro do mesmo ano.[3]

Imparte a materia de «Deontoloxía, Organización Profesional e Quenda de Oficio» na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]