María Jamardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María Jamardo
María Jamardo-Presentación del Club de los Viernes en Vigo.jpg
Nacemento1979
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Salamanca
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

María Jamardo Carballo, nada en Pontevedra en 1979, é unha política e periodista galega especializada en análise política.[Cómpre referencia]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Historia da Arte na Universidade de Salamanca, que completou con cursos de dereito nesa universidade. Despois especializouse en mercadotecnia, tanto a nivel formativo como profesional, e en 2009 estableceu a súa propia axencia de mercadotecnia e publicidade.

Afiliada a Sociedad Civil y Democracia, encargouse de coordinar a campaña electoral desa formación nas Eleccións Galegas de 2012, onde o SCD obtivo 16.000 votos. En abril de 2013 foi designada líder da formación en Galicia. Presentouse ás primarias de SCD para substituír o fundador do partido, Mario Conde, e foi elixida presidenta[1] da formación a nivel estatal.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Vive a cabalo entre Vigo e Madrid. Ten dous fillos.[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "María Jamardo asume la presidencia de SCD". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2014. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.