María Corredoira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
María Corredoira
María Corredoira 1932.jpg
Nacemento 18 de maio de 1893
  A Coruña
Falecemento 17 de novembro de 1970
Nacionalidade España
Ocupación pintora
editar datos en Wikidata ]

María Carmen Corredoira Ruiz de Baro, nada na Coruña o 18 de maio de 1893 e finada o 17 de novembro de 1970, foi unha pintora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa vida transcorreu na cidade herculina, onde traballou nunha pintura de afiliación realista, aínda que, dotada de evidente espiritualidade.

Iniciou a súa formación na Coruña baixo a dirección de Enrique Laboret e posteriormente ampliouna en Madrid, con mestres como Eduardo Chicharro e José María López Mezquita. A súa obra mereceu distincións, como a medalla de ouro na Exposición Rexional de Santiago, en 1926, ademais do feito de que a súa autora fose membro numerario da Real Academia de Belas Artes do Rosario na Coruña.

Tumba de María Corredoira no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

Non foron moitas as súas exposicións, aínda que os coleccionistas buscan esta pintura verdadeira, íntima, de excelente calidade formal, na que hai un debuxo firme e unha paleta rica e sabia. Está representada nos museos de Galiza, como por exemplo o Museo Municipal Quiñones de León en Vigo ou o Museo Provincial de Lugo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]