María Consuelo Araújo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Consuelo Araújo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de outubro de 1971 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Valledupar, Colombia Editar o valor em Wikidata
Minister of Foreign Affairs of Colombia (en) Traducir
7 de agosto de 2006 – 28 de febreiro de 2007
← Carolina BarcoFernando Araújo Perdomo (en) Traducir →
Minister of Culture of Colombia (en) Traducir
7 de agosto de 2002 – 24 de xaneiro de 2006
← Araceli Morales López (en) TraducirElvira Cuervo de Jaramillo (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeColombia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Externado de Colombia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , diplomática Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiÁlvaro Araújo Noguera (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsÁlvaro Araújo Castro (en) Traducir e Sergio Araújo Castro (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

María Consolo «Conchi» Araújo Castro, nada en Valledupar o 27 de outubro de, 1971, é unha política colombiana. Foi Ministra de Cultura no período 2002-2006 e Ministra de Relacións Exteriores desde o 7 de agosto de 2006 até o 28 de febreiro de 2007 durante o goberno de Álvaro Uribe Vélez,.[1] Posteriormente, durante a segunda Alcaldía de Enrique Peñalosa, traballou como secretaria de Integración Social de Bogotá e como xerente de Transmilenio. Actualmente forma parte do equipo de Mañanas Blu con Néstor Morales.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Araújo provén dunha familia moi ligada á política de Cesar. O seu pai, Álvaro Araújo Noguera, formou parte do goberno do presidente Alfonso López Michelsen, a súa tía Consuelo Araújo Noguera foi Ministra de Cultura do Presidente Andrés Pastrana e o seu irmán, Álvaro Araújo Castro, foi senador e líder do partido Alas Equipo Colombia.

Estudou Finanzas e Relacións Internacionais na Universidade Externado de Colombia e é especialista en Goberno, Xerencia e Asuntos Públicos da mesma institución. Foi directora do Xardín Botánico José Celestino Mutis durante a administración de Enrique Peñalosa como alcalde de Bogotá (1998-2000), e do "Instituto Distrital de Recreación y Deporte" da cidade, baixo o segundo goberno de Antanas Mockus (2001-2002).

Despois de renunciar ao seu cargo como chanceler pasou a traballar como directora de posgraos da facultade de Finanzas, Goberno e Relacións Internacionais da Universidade Externado de Colombia.

Está casada co fotógrafo arxentino Ricardo Mazalán e ten unha filla, Susana, nacida en 2002.

Ministra de Cultura e chanceler[editar | editar a fonte]

Araújo cos embaixadores William Wood dos Estados Unidos e Julio Aníbal Riaño de Colombia.

Durante o primeiro mandato do presidente Álvaro Uribe Vélez (2002 - 2006), Araújo traballou como Ministra de Cultura. En 2006, tras unha crise diplomática provocada polos expresidentes Ernesto Samper e Andrés Pastrana, Araújo, que fora designada como futura embaixadora en México, foi nomeada chanceler en substitución de Carolina Barco quen pasou a substituír a Pastrana na embaixada de Estados Unidos, cargo que ocupou desde o 7 de agosto do mesmo ano.

A finais de 2006 o seu irmán, o senador Álvaro Araújo Castro e o seu pai foron acusados de presuntos vínculos con grupos paramilitares e de participar nun secuestro.

O 15 de febreiro a Corte Suprema de Xustiza ditou medida de aseguramento contra o seu irmán e ao día seguinte ordenou investigar polos mesmos delitos ao seu pai.[2]

A pesar da insistencia do presidente Álvaro Uribe Vélez para que continuase no seu cargo, o 19 de febreiro a chanceler anunciou nunha rolda de prensa a súa renuncia afirmando que o seu pai e irmán eran inocentes dos cargos dos que os acusaban e que prefería estar libre de ataduras para axudar a demostrar a súa inocencia.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Homenaje a María Consuelo Araújo" (en español). El Tiempo - Colombia. 6 de agosto. Consultado o 1 de xaneiro de 2011. 
  2. "Ordenan investigar al papá de la canciller por secuestro extorsivo". Caracol Radio (en castelán). 2007-02-16. Consultado o 2021-05-28. 
  3. BBC Mundo, Uribe respalda a ministra de RR.EE, 19 de febreiro de 2007
  4. BBC Mundo, Renuncia canciller colombiana, 19 de febreiro de 2007

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]