Saltar ao contido

Manuelito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuelito

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1818 Editar o valor en Wikidata
Utah, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte1894 Editar o valor en Wikidata (75/76 anos)
Arizona, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteXarampón Editar o valor en Wikidata
War chief (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónXefe tribal Editar o valor en Wikidata

Find a Grave: 13176686 Editar o valor en Wikidata

Manuelito, tamén coñecido como Hastiin Chʼil Haajiní, nado en 1818 e finado en 1893, foi un dos principais xefes do pobo navajo antes, durante e despois do período da Longa marcha.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no seo do Clan Bitʼahnii, preto de Bear's Ears, no sueste de Utah. Como moitos Navajo, ó longo da súa vida foi coñecido por diferentes nomes dependendo do contexto. No seu pobo, foi coñecido como Ashkii Diyinii (Neno Santo), Dahaana Baadaané (Xenro de texano), Hastiin Chʼilhaajiní (Herbas Negras) e Nabááh Jiłtʼaa (Guerreiro Xefe). Os seus inimigos chamárono "Burato de bala".

Manuelito foi un líder destacado que uniu ó seu pobo en contra da opresión do exército dos Estados Unidos. Durante varios anos, liderou un grupo de guerreiros que tentaron resistir os esforzos federais que pretendían mover o pobo navajo á forza ata Bosque Redondo, Novo México. Ese traslado tivo lugar en 1864 e coñécese como a Longa marcha dos navajo. Despois do traslado, Manuelito foi un dos líderes que asinou o tratado de 1868, finalizando así un período no que o seu pobo estivo preso en campos de concentración do goberno, e finalmente puideron establecer unha reserva. Manuelito tamén foi un férreo defensor da educación para os nenos navajo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]