Manuel Vázquez Olmo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1908 ![]() Samos, España ![]() |
Morte | 12 de maio de 1937 ![]() Lugo, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xastre , político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Manuel Vázquez Olmo, nado en Samos cara a 1908 e finado en Lugo o 12 de maio de 1937, foi un xastre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veciño do Incio. Foi detido pola Garda Civil en maio de 1934 como presunto autor dun roubo no comercio de José Díaz García con Benigno Díaz González e o seu irmán Pedro Vázquez Olmo.[1] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e internado no cárcere de Sarria o 2 de febreiro de 1937. Xulgado en Lugo por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi executado nas tapias do cuartel da Garda Civil de Lugo o 12 de maio de 1937 con Balbino Cerdeiras Rey, José Vázquez Liz e Lisardo Sotelo Pérez.[2]