Manuel Vázquez Fariña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Vázquez Fariña
Biografía
Morte11 de decembro de 1973 Editar o valor em Wikidata
Mugardos, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel Vázquez Fariña, finado en Mugardos o 11 de decembro de 1973,[1] foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empregado da Sociedad Española de Construcción Naval. Afiliado ao Partido Republicano Radical, foi elixido alcalde de Mugardos en agosto de 1935.[2] Cesou no cargo a principios de xaneiro de 1936.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde e Delegado de Orde Público o 23 de xullo. Foi un dos principais responsábeis da represión en Mugardos nos primeiros meses da guerra xunto co xefe de Falange Esteban Cortizas Vilar.[4] Foi destituído polo gobernador civil en agosto de 1937 e desterrado a Vedra.[5] Volveu ser nomeado alcalde de Mugardos en setembro de 1939, tomando posesión o 10 de setembro.[6] En 1943 foi recibido por Francisco Franco en El Pardo para entregarlle a medalla de ouro da vila de Mugardos.[7] En xaneiro de 1949 os guerrilleiros Adolfo Allegue Allegue e Francisco Martínez Leira atentan contra el e o falanxista Arsenio Muñiz, a quen asasinan, logrando Manuel Vázquez saír indemne.[8]


Predecesor:
Eugenio Rey Rey
 
Alcalde de Mugardos
 
1935 - 1936
Sucesor:
?
Predecesor:
Juan Prieto Balsa
 
Alcalde de Mugardos
 
1936 - 1937
Sucesor:
?
Predecesor:
?
 
Alcalde de Mugardos
 
1939 - 1944
Sucesor:
Jacobo Zárate

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 12-12-1973, p. 51.
  2. El Pueblo Gallego, 7-8-1935, p. 5.
  3. El Pueblo Gallego, 10-1-1936, p. 10.
  4. Domínguez Ferro, Manuel; Sobrino Ceballos, Juan J. (2004). "Riqueche. Vida e morte dun guerrilleiro antifranquista" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (11): 125–156. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2013. Consultado o 16 de marzo de 2017. 
  5. El Compostelano, 4-8-1937, p. 1.
  6. El Correo Gallego, 12-9-1939, p. 4.
  7. Pensamiento Alavés, 26-10-1943, p. 1.
  8. Otero Roberes, Carmen; Sobrino Ceballos, Juan; Domínguez Ferro, Manuel (2001). "Fuxidos na fraga. Episodios da guerrilla antifranquista nas terras do Eume" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (8): 205–235. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de setembro de 2011. Consultado o 16 de marzo de 2017.