Manuel Santos Estévez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Santos Estévez
Biografía
Nacemento13 de xullo de 1968 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarqueólogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 29378

Manuel Santos Estévez, nado en Vigo o 13 de xullo de 1968, é un arqueólogo galego, especialista en arte rupestre.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 2004 obtivo o doutoramento en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Dende 1995 é investigador do Laboratorio de Arqueoloxía do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e entre 2009 e 2012 traballou no Instituto de Historia do CSIC en Madrid. Posteriormente, entre 2014 e 2020 foi investigador Post doutoral na Universidade do Minho (Portugal) e dende 2022 forma parte do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT - CSIC) en Santiago de Compostela.

Entre os seus traballos máis destacados está a dirección dos traballos arqueolóxicos en Campo Lameiro, onde se levaron a cabo, prospeccións arqueolóxicas, documentación e escavacións no contorno de gravados rupestres.

As súas investigacións e publicación versan, fundamentalmente, en torno á arte rupestre, escultura da Idade do Ferro e sobre santuarios protohistóricos.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Santuarios de la Galicia Céltica (Abada, 2008|; con M. García Quintela)
  • Petroglifos y paisaje social en la prehistoria reciente del noroeste de la Península Ibérica (Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento - CSIC, 2008)
  • Búrbida. As orixes de Vigo (Toxosoutos, 2020)
  • O Santuario de Laxe dos Bolos. Cando o Sol Alumea a Vella Montaña. (Concello de Caldas de Reis 2023, con Elena Cabrejas Domínguez)