Manuel Riobó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Manuel Riobó Guimeráns.

Manuel Riobó Guimeráns, nado en Cela (Bueu) en 1860 e finado no mesmo concello o 30 de decembro de 1933, foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Medicina e Cirurxía na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1887. Doutorouse en Madrid en 1894 e coa tese Regulación del calor en la fiebre y sus relaciones con la temperatura hiper-pirética post mortem. Especializouse en epidemioloxía e marchou a Filipinas. En 1890 estivo en Romblon e alí fixo fronte a un brote de varíola; de alí pasou a Cayagán de Misamis, na illa de Mindanao, onde enfermou de paludismo crónico e gastroenterite e tivo que regresar a Galicia. Volveu a Filipinas en 1894 e estivo na illa de Panay onde puxo en marcha algúns negocios e adquiriu terras. Fixo amizade con José Rizal, que foi fusilado por rebelión. A finais de século volveu a Galicia, foi concelleiro en Bueu (1902-1905) e estableceu a súa consulta de médico forense en Vigo. Inverteu a fortuna adquirida en Filipinas na compra de bens entre o que destacou a illa de Ons, que adquiriu en dúas fases: en 1919 a metade aos anteriores donos, a marquesa viuva de Mos y Valladares e o marqués de Alcedo. A outra metade adquiriuna en marzo de 1921 a un veciño da illa, Marcial Bernadal, que a tiña arrendada dende 1911. Intentou mellorar as condicións dos habitantes de Ons, creando unha escola en 1925. En 1930 creou a sociedade "Isla de Ons S.L", poñendo a administración en mans do seu fillo Didio Riobó Bustelo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]